Den lille Havfrue

( A sereíña (estatua) )

A Sereíña de Copenhaguen, en dinamarqués "Den Lille Havfrue" é unha estatua e un dos símbolos máis característicos e visitados da cidade. Está localizada no parque Langelinie, na baía do porto de Copenhaguen. Representa a personaxe do conto do mesmo nome, A sereíña, de Hans Christian Andersen.

A Sereíña de Copenhaguen, en dinamarqués "Den Lille Havfrue" é unha estatua e un dos símbolos máis característicos e visitados da cidade. Está localizada no parque Langelinie, na baía do porto de Copenhaguen. Representa a personaxe do conto do mesmo nome, A sereíña, de Hans Christian Andersen.

Historia

Encargada en 1909 polo empresario Carl Jacobsen (fillo do fundador de Carlsberg), o escultor Edvard Eriksen [1] inspirouse no rostro de Ellen Price, unha bailarina do Ballet Real, aínda que para a parte núa da estatua tivo que convencer á súa propia muller de que posara para el. A estatua foi emprazada na súa localización actual o 23 de agosto de 1913, sobre unha base de penas na beira do mar.

Realizada en bronce fundido, sorprende aos turistas polas súas pequenas dimensións: pesa 175 quilos e mide 1,25 metros de alto. Ao longo da súa historia sufriu diversos danos por mor de ataques vandálicos:

O 24 de abril de 1964, cortáronlle e deformáronlle a cabeza artistas pertencentes ao movemento situacionista, entre eles Jørgen Nash. Nunca máis se atopou a cabeza e puxéronlle unha nova. O 22 de xullo de 1984 uns mozos rompéronlle o brazo dereito, que foi recuperado dous días máis tarde. En 1990, intentaron de novo descabezala, e fixéronlle un corte de 18 cm no pescozo. O 6 de xaneiro de 1998 foi decapitada por segunda vez; nunca atoparon os culpables, mais a cabeza foi levada anonimamente ao mesmo lugar o 4 de febreiro. En 1961 tinguíronlle os cabelos de vermello e pintáronlle un colar na gorxa. O 11 de setembro de 2003, foi probablemente dinamitada para arrincala da súa base. Tamén foi vestida cunha burca. Na noite do sábado 20 ao domingo 21 de maio de 2007, foi envolta en panos vermellos e bordeos, e cubríronlle a cabeza cun veo.

Porén, sempre puido ser reconstruída xa que se conservan moldes de cada unha das súas partes. O concello de Copenhaguen anunciou, como consecuencia destes ataques, que poderían mover a estatua do sitio para protexela.

"La Sirenita viajará de Copenhaguen a Shanghai", El Mundo, 6 de febreiro de 2009 (en castelán).
Photographies by:
April Pink - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
2356
Statistics: Rank
52581

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
653928741Click/tap this sequence: 5436

Google street view

Where can you sleep near A sereíña (estatua) ?

Booking.com
487.376 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 2 visits today.