Sark (francés: Sercq; Sercquiais: Sèr ou Cerq), é unha pequena illa das Illas da Canle no suroeste do Canle da Manga, na costa de Normandía, Francia. É un feudo real, que forma parte da Bailía de Guernsey, co seu propio conxunto de leis baseadas na lei normanda e o seu propio parlamento. Ten unha poboación de preto de 600 habitantes. Sark (incluíndo a próxima illa de Brecqhou) ten unha superficie de 5´44 km² Sark é un dos poucos lugares que quedan no mundo onde os coches están prohibidos nas estradas e só existen tractores e vehículos tirados por cabalos. En 2011, Sark foi designada como Comunidade co Ceo Escuro e a primeira illa de Ceo Escuro no mundo.

Historia
 
Un carro de cabalos en Sark
 
Sark en relación coas outras illas da Bailía de Guernsey
Etimoloxía

A etimoloxía de Sark é descoñecida.[1] Con todo, Richard Coates suxeriu que, en ausencia dunha etimoloxía protoindoeuropea pode valer a pena buscar unha fonte protosemita para o nome.[2] Isto débese a que ás Illas Británicas foron probablemente repoboadas desde a Península Ibérica logo do último período glacial. Propón unha comparación entre a raíz probable de Sark, *Sarg-, e o Protosemitico *śrq "arroibado; subida (do sol); este", sinalando a posición de Sark como a illa máis oriental do grupo de Guernsey.[3]

Historia temperá

Na antigüidade, Sark foi case seguramente ocupada polos vénetos.[Cómpre referencia] Este pobo e a illa anexa foi sometido polo Imperio Romano sobre o 56 adC. Despois da retirada romana durante o século V, Sark foi probablemente un posto de avanzada dun ou outro reino de lingua bretoa ata 933, cando se converteu en parte do Ducado de Normandía.[Cómpre referencia] A raíz da Conquista normanda de Inglaterra en 1066, a illa foi unida á Coroa de Inglaterra. No século XIII, o pirata francés Eustaquio o Monxe, logo de servir ao Rei Xoán, utilizou Sark como base de operacións.

Durante a Idade Media, a illa estaba poboada por comunidades monásticas. No século XVI, con todo, quedou deshabitada e foi utilizada polos piratas como base e refuxio. En 1565, Helier de Carteret, Seigneur de St. Ouen en Jersey, recibiu patente real da Raíña Isabel I concedéndolle Sark como feudo a perpetuidade a condición de que mantivera a illa libre de piratas e a ocupara por polo menos con corenta dos seus súbditos. Isto realizouse debidamente, e instaláronse corenta familias, sobre todo procedentes de St. Ouen, na illa. Un intento posterior das familias de dotarse dunha Constitución baixo un alguacil, como en Jersei, foi detido polas autoridades de Guernsey, resentidos por calquera intento de arrebatar Sark da súa Bailía.[Cómpre referencia]

Historia recente

En 1844, desesperado por conseguir fondos para continuar coa operación da mina de prata na illa, o Seigneur titular, Ernest le Pelley, obtivo permiso da Coroa para hipotecar o feudo de Sark a o residente local John Allaire. Logo a empresa que xestionaba a mina declarouse en creba, le Pelley foi incapaz de seguir o ritmo dos pagos da hipoteca e, en 1849, o seu fillo Pierre Carey le Pelley, o novo Seigneur, viuse obrigado a vender o feudo a Marie Collings por un total de 1.383 £[4] (6.000 £ menos a suma prestada e o interese acumulado de 616.13 £).[5]

Durante Segunda Guerra Mundial, a illa, xunto coas outras illas da Canle, foi ocupada por forzas alemás entre 1940 e 1945. O goberno militar alemán en Sark comezou o 4 de xullo de 1940, o día despois que Guernsey o Kommandant Major Albrecht Lanz e o seu intérprete e xefe do Estado Maior Maior Maas visitou a illa para informar ao Dáme e Seigneur ( Sibila e Robert Hathaway) do novo réxime. Posteriormente British Commandos asaltaron e ocuparon Sark durante a noite do 3 ao 4 de outubro de 1942, fixeron prisioneiros e recolleron información.

Intento de invasión

En agosto de 1990, un físico nuclear francés en paro chamado André Gardes liderando un pequeno grupo, armado cunha arma semiautomática, intentou a invasión de Sark. Chegaron de noite e puxeron letreiros que declaraban a súa intención de apoderarse da illa ao día seguinte ao mediodía. Mentres está sentado nun banco, lendo unha revista de armamento e a espera da chegado do mediodía, foi detido polos policías voluntarios da illa.[6][7]

Transición ao novo sistema de goberno
Artigo principal: eleccións xerais Sark, 2008.

En 2008, Sark desmantelou o seu anterior sistema de goberno, que había evolucionado gradualmente do seu sistema orixinal establecido en 1565. O cambio foi influenciado polos irmáns Barclay na premisa de que isto era necesario para cumprir coa Convención Europea de Dereitos Humanos.[8] No antigo sistema, o parlamento de Sark consistía nunha cámara de 54 membros que incluía o Seigneur, o senescal, 40 membros dos arrendatarios e 12 deputados. O 16 de xaneiro de 2008 e o 21 de febreiro de 2008, o Chief Pleas aprobou unha lei que introduce unha cámara de 30 membros, con 28 membros elixidos nas eleccións en toda a illa, un membro hereditario e un membro nomeado para sempre. O vello sistema foi descrito como feudal, e polo tanto inaceptable, porque os arrendatarios non podían sentarse ante o Chief Pleas con plenos dereitos, o novo sistema foi descrito como democrática, e polo tanto aceptable. Os arrendatarios foron elixidos por e de entre só os copropietarios de cada propiedade.[9] O 9 de abril de 2008, o Consello Privado do Reino Unido aprobou as reformas na lei de Sark.[10] As primeiras eleccións baixo a nova lei celebráronse en decembro de 2008 e a nova cámara foi convocada por primeira vez en xaneiro de 2009.[11][12]

Algúns residentes de Sark queixáronse de que o novo sistema non é democrático e describiron os poderes que a nova lei concede ao senescal, un membro non electo cuxo mandato ca nova lei estendese durante a súa vida natural, como imperiais ou ditatoriais. O Tribunal de Apelación pronunciouse de feito sobre estes poderes que poden violar a Convención Europea de Dereitos Humanos e os seus poderes están suxeitos a novos retos legais sobre estes motivos.[13]

En marzo de 2012, o programa de BBC Today informou sobre a inquietude local acerca da influencia dos multimillonarios xemelgos idénticos David e Frederick Barclay[14] A revista The New Yorker ilustrou ademais o curso e a escalada das tensións entre os Barclays e algúns dos vellos residentes en outubro de 2012.[15]

Status de comunidade Ceo Escuro

En xaneiro de 2011, o Asociación Internacional Dark-Sky designou Sark como a primeira Comunidade co Ceo Escuro de Europa[16] e a primeira illa co Ceo Escuro no mundo.[17] Esta designación recoñece que Sark é suficientemente libre da contaminación lumínica como para permitir a astronomía a simple vista. Aínda que Sark tiña a vantaxe no seu logro, da súa situación, a súa prohibición histórica de coches e o feito de que non hai iluminación pública, tamén foi necesario que os residentes locais realizaran axustes, tales como a recolocación de luces, para reducir a contaminación lumínica.

A raíz dunha auditoría en 2010 pola AIF a designación fíxose en xaneiro de 2011. O premio é importante xa que Sark é a primeira comunidade da illa de alcanzar este; outros lugares teñen Ceo escuro, pero ata agora, eran principalmente áreas deshabitadas, o presidente da AIF Martin Morgan-Taylor eloxiou aos residentes de Sark polo seu esforzo.[18]

Coates, Richard (1991). The ancient and modern names of the Channel Islands: a linguistic history. Stamford: Paul Watkins. pp. 73–76. ISBN 978-1871615166.  Coates, Richard (2009). "A Glimpse through a Dirty Window into an Unlit House: Names of Some North-West European Islands" (PDF). En Ahrens, Wolfgang; Embleton, Sheila; Lapierre, André. Names in Multi-Lingual, Multi-Cultural and Multi-Ethnic Contact: Proceedings of the 23rd International Congress of Onomastic Sciences: August 17‒22, York University, Toronto, Canada. Toronto: York University. p. 228. ISBN 978-1-55014-521-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-04-07.  Coates, Richard (2009). "A Glimpse through a Dirty Window into an Unlit House: Names of Some North-West European Islands" (PDF). En Ahrens, Wolfgang; Embleton, Sheila; Lapierre, André. Names in Multi-Lingual, Multi-Cultural and Multi-Ethnic Contact: Proceedings of the 23rd International Congress of Onomastic Sciences: August 17‒22, York University, Toronto, Canada. Toronto: York University. p. 235. ISBN 978-1-55014-521-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-04-07.  Marr, James (1984). Guernsey people. Phillimore. ISBN 0850335299.  Ewen, Alfred Harry; De Carteret, Allan Roper (1969). The Fief of Sark. Guernsey: Guernsey P. pp. 101–102. . Caesar, Ed (25 October 2006). "Lost world: the last days of feudal Sark". The Independent. Consultado o 1 February 2014.  "Grave affair. (Andre Gardes tries to take over Sark in the Channel Islands)". The Economist (US). 1 September 1990. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2012. Consultado o 1 February 2014.  Subscription required for full article. Bowers, Simon; Pidd, Helen (27 June 2012). "Minister in row with Barclay brothers over Sark". The Guardian. Consultado o 28 June 2012.  "Feudal Sark: Democratic revolution". The Economist. 12 July 2007. Consultado o 1 February 2014.  "Europe | Guernsey | Sark democracy plans are approved". BBC News. 9 April 2008. Consultado o 1 February 2014.  Harrell, Eben (17 January 2008). "A Revolution Not Televised". TIME. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 1 February 2014.  "Europe | Guernsey | Sark agrees switch to democracy". BBC News. 22 February 2008. Consultado o 1 February 2014.  Mann, Nick. "Sark Seneschal could lose Chief Pleas role". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 2015-03-21.  "Sark Islanders fear takeover". Today (BBC). 28 March 2012.  Collins, Lauren (29 October 2012). "A Feudal Feud on the Isle of Sark". The New Yorker. Consultado o 1 February 2014.  Anon (31 January 2011). "SARK ISLAND AND HORTOBÁGY NATIONAL PARK EARN DARK SKY STATUS FROM THE INTERNATIONAL DARK - SKY ASSOCIATION" (PDF). IDA Press release. International Dark Sky Association. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2013. Consultado o 22 February 2014.  Anon (31 January 2011). "Sark named world's first dark sky island". BBC News Guernsey. BBC. Consultado o 22 February 2014.  Ian Sample (31 January 2011). "article at Guardian.co.uk". Guardian. Consultado o 7 December 2012. 
Photographies by:
Clemensfranz - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
2975
Statistics: Rank
39819

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
247536189Click/tap this sequence: 1764

Google street view

Where can you sleep near Sark ?

Booking.com
489.981 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 30 visits today.