Saraxevo

Saraxevo, Saraievo ou Sarajevo (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. En 2013 a súa poboación era de 275.524 persoas (555.210 coa área metropolitana), o 80,74% bosníacos, o 4,94% croatas e o 3,78% serbios.

Historia

Saraxevo fundárona os otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697 nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da primeira guerra mundial, logo da guerra Saraxevo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala segunda guerra mundial, Saraxevo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraxevo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.

Photographies by:
Statistics: Position
424
Statistics: Rank
353266

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
832169574Click/tap this sequence: 5896
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Saraxevo ?

Booking.com

What can you do near Saraxevo ?

8.716.487 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.625 visits today.