Arantzazuko santutegia

( Santuario de Arantzazu )

Santuario de Arantzazu (en éuscaro: Arantzazuko santutegia) é un santuario franciscano que se atopa no concello de Oñati (Alta Deba, Guipúscoa), a unha altitude de 750 m sobre o nivel do mar, ó pé do Aitzkorri.

Dedicado á Virxe de Arantzazu, que se presentou en 1468 ó pastor Rodrigo de Balzategui. É un símbolo para o País Vasco e un lugar de peregrinación para os crentes e de visita para todos os turistas.

A basílica de hoxe propúxose no ano 1950 e a súa construción foi rematada en 1955. É o traballo dos arquitectos Francisco Javier Sáenz de Oiza e Luis Laorga, do colexio de arquitectos de Madrid. O escultor Jorge Oteiza realizou a fachada principal, o pintor Lucio Muñoz Martínez, a decoración da ábsida, o escultor Eduardo Chillida, as principais portas de acceso, Fra Javier María Álvarez de Eulate foi o encargado de vidreiras e o pintor Néstor Basterretxea da decoración das paredes da cripta.

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
839471562Click/tap this sequence: 7731

Google street view

Where can you sleep near Santuario de Arantzazu ?

Booking.com
487.358 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 43 visits today.