O Santuario da Nosa Señora de Lourdes é un conxunto de edificios e lugares dedicados ao culto da Virxe María, en Francia. O complexo inclúe as basílicas da Inmaculada Concepción, a de Nosa Señora do Rosario e a de san Pío X, así como a gruta das aparicións, onde a Virxe se apareceu ante Bernadette Soubirous, segundo a crenza católica.
O Santuario da Nosa Señora de Lourdes, xunto cos santuarios de Torreciudad, Montserrat, Meritxell e O Pilar conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, de gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.
No ano 1858, a localidade de Lourdes era unha moi pequena aldea con casas humildes, igual que os seus habitantes, que nun oitenta por cento eran analfabetos. A comarca, apenas coñecida en Francia nese momento, localízase no inicio do sistema montañoso dos Pireneos e ten cara ao oeste un promontorio rochoso coñecido co nome de Massabielle ("rochas vellas"). Ao pé deste corre o río Gave que se forma coas augas que descenden das montañas. A un lado dos muros de rochas seminegruzcas a natureza abriu unha fonda gruta de tres metros e medio de largo por outros tres metros e medio de alto.
Esta gruta era un lugar solitario cun chan árido e seco en que medraban roseiras silvestres, que eran as flores da zona. Alí foi onde, segundo o testimonio de Bernadette Soubirous, se produciu unha das aparicións marianas máis coñecidas da historia no ano 1858.[1]
Na actualidade, xunto á gruta das revelacións, álzase un santuario e un lugar de peregrinación. A gruta e a basílica da Inmaculada Concepción (construída por monseñor Laurence, bispo que acolleu as revelacións privadas a santa Bernadette Soubirous), constitúen o santuario orixinal. Posteriormente, todo o conxunto de templos e edificios que teñen como centro a gruta recibiron o nome de Santuario de Nosa Señora de Lourdes.
↑ Ruth Harris, Lourdes: Body and Spirit in the Secular Age, Penguin Books, 1999, p. 52.
Engadir un novo comentario