Reno

O reno (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) en América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito en Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.

O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos, de ata 300 kg, bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais só no maxilar inferior.

É de grande importancia na economía das poboacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes de Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.

Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.