Quetzalcóatl

Quetzalcóatl (en náhuatl: Quetzalcōātl) é unha divindade das culturas mesoamericanas, venerado principalmente polos aztecas e os toltecas. O seu nome significa "serpe emplumada" e provén do náhuatl quetzalli, “pluma do paxaro quetzal (Pharomachrus mocinno)”, e coatl, “serpe”). É identificado por algúns investigadores como a principal deidade do panteón centro-mexicano precolombiano.