Formatge de Maó ( Queixo de Maó )

Queixo de Maó (en catalán: Formatge de Maó) é un queixo de pasta prensada non cocida de leite de vaca que conta cun Consello Regulador de Denominación de orixe protexida (DOP). Ten forma paralelepipédica e arestas redondeadas, elaborado e madurado exclusivamente en Menorca, segundo a tradición e a normativa recollida no regulamento da DOP.

Foi no ano 1985 cando obtivo de xeito definitivo a denominación de orixe queixo Mahón, e posteriormente no ano 1998 incorporouse a palabra Menorca, pasando a chamarse Mahón-Menorca.

Destinos