Qom (en persa: قم /ɢom/ ) é a capital da provincia iraniana de Qom. No 2005 rexistraba unha poboación de 1.04 millóns de habitantes. Atópase a 140 km ao suroeste de Teherán, na ribeira do río Qom. Qom é considerada cidade santa no islam xiíta, xa que alí sitúase o sepulcro de Fátima al-Masuma, irmá do imán Ali Reza (798-816 d. C.). A cidade é o centro mundial dos estudos islámicos xiítas, e é un destino importante de peregrinación.
Qom existía xa como asentamento urbano en períodos preislámicos. Descubrimentos arqueolóxicos revelaron que Qom xa tiña residentes desde o V milenio a. C. As reliquias preislámicas atopadas e os textos históricos revélana como unha importante cidade rexional co nome de Kum. Así mesmo, cando os árabes invadiron Irán no século VII d. C., denominárona Qom.
A conquista da zona por parte das forzas árabes islámicas produciuse durante o califato de Umar ibn al-Khattab (581-644 d. C.). A cidade seguiu florecendo durante o período Selxúcida, pero sufriu gran destrución cando Persia foi invadida polos mongois. Con todo, cando a dinastía mongola gobernante, coñecida polo nome de Ilkhɢomanato, se converteu ao islam durante o reinado de Muhammad Khodabandeh, a cidade recibiu unha atención especial e reviviu unha vez máis.
Engadir un novo comentario