Pobo koryak

Os koryak son un pobo indíxena do Extremo Oriente Ruso que viven no norte da península de Kamchatka e nas costas do mar de Bering. Os koryak son culturalmente semellantes ós chukchis do extremo nordeste de Siberia. A lingua koryak e o alutor (que a miúdo é considerado un dialecto do koryak), están estreitamente relacionadas coa lingua chukchi. Todas estas linguas son membros da familia de linguas chukotko-kamchatkanas. Non están tan relacionados cos itelmen, que tamén habitan na península Kamchatka. Entre os pobos veciños dos koryak están os even polo oeste, os alutor polo sur (no istmo da península de Kamchatka), os kerek polo leste e os chukchis polo nordeste.