Pobo ainu
Os ainus (アイヌ), tamén chamados aynu, aino (アイノ), e nos textos históricos xaponeses ezo/emishi/ebisu (蝦夷), son unha etnia indíxena que vive no Xapón e Rusia. Historicamente falan a lingua ainu e variedades relacionadas e viven en Hokkaido, as Illas Kuriles, e en Sakhalin. A maioría dos que se identifican como ainu aínda viven na mesma rexión, aínda que o número exacto de individuos é descoñecida. Isto é debido á confusión sobre as herdanzas mixtas e pola cuestión étnica no Xapón, polo que persoas con orixe prefiren agochar as súas identidades. No Xapón, por mor dos matrimonios cos xaponeses durante moitos anos, o concepto dun grupo étnico ainu non é factible. As estimacións oficiais roldan arredor dunha poboación de 25.000, mestres que as cifras non oficiais falan de 200.000 individuos.