O nome de Pirámide do Sol vén dos aztecas, que visitaron a cidade de Teotihuacán séculos despois de ser abandonada; descoñécese o nome que deron á pirámide os teotihuacanos. Foi construída en dúas fases. A primeira etapa de construción, arredor do ano 200, levou a pirámide case ao tamaño actual. A segunda etapa deu como resultado o seu tamaño completo de 225 metros de largura[1] e 75 metros de altura, o que a converte na terceira pirámide máis grande do mundo,[2] aínda que só con algo máis da metade da altura da Gran Pirámide de Gizeh (146 metros). A segunda fase tamén viu a construción dun altar no alto da pirámide que non sobreviviu aos tempos modernos.
Sobre a estrutura, os antigos teotihuacanos remataron a súa pirámide con xeso de cal importado das zonas circundantes, sobre o que pintaron murais de cores brillantes. Aínda que a pirámide perdurou durante séculos, a pintura e o xeso que xa non son visibles.
Pensouse que na pirámide se veneraba unha deidade dentro da sociedade teotihuacana. Non obstante, hai poucas evidencias que avale esta hipótese.
↑ "Teotihuacán." Britannica School. Encyclopædia Britannica, Inc., 2014. Web. 9 Dec. 2014. ↑ Aston, Michael; Taylor, Tim (1998). Atlas of Archaeology. Dorling Kindersley. p. 43. ISBN 978-0-7894-3189-9.
Engadir un novo comentario