Hollywood Walk of Fame
( Paseo da Fama de Hollywood )
O Paseo da Fama de Hollywood é unha beirarrúa ao longo de Hollywood Boulevard e Vine Street en Hollywood, California, Estados Unidos, en cuxo chan están colocadas máis de 2.600 estrelas de 5 puntas cos nomes de celebridades ás cales a Cámara de comercio de Hollywood honra pola súa contribución á industria do entretemento.

Creado en 1958 por un artista californiano, Oliver Weismuller, que foi contratado pola cidade para dar a Hollywood un "lavado de face", o Paseo da Fama converteuse nunha homenaxe a todas aquelas persoas relacionadas co show business. Os homenaxeados reciben unha estrela baseándose nos seus logros nas películas, o teatro, a radio, a televisión e a música. Moitas persoas recibiron varias estrelas durante a fase en distintas categorías; con todo, posteriormente tendeuse a premiar a aquelas persoas que aínda non recibiran unha estrela, e só se recoñeceu a persoas anteriormente premiadas en varias ocasións. En 1978, a cidade dos Ánxeles declarou o paseo da Fama como un Ben Cultural e Histórico.
O Paseo da Fama orixinal tiña 2.500 estrelas en branco. Un total de 1.558 estrelas foron outorgadas durante os seus primeiros 16 meses. Desde entón, outorgáronse estrelas a un ritmo aproximado de 2 ao mes. Para 1994, máis de 2.000 das estrelas iniciais foran outorgadas, e incluíronse máis estrelas para estender o paseo desde a Avenida Sycamore ata a Avenida La Brea. As estrelas sitúanse en lugares permanentes, excepto en ocasións nas que por causas especiais (por exemplo, construción de edificios, obras...), as estrelas teñen que cambiarse de sitio.
As novas estrelas elíxense a partir dunha lista de nomeados que se publica o 31 de maio de cada ano. O Comité do Paseo da Fama reúnese cada mes de xuño para seleccionar os homenaxeados do ano seguinte. As cerimonias de concesión están abertas a todo o mundo e estaban conducidas por Johnny Grant, alcalde honorífico de Hollywood. Grant morreu o 9 de xaneiro de 2008 en Hollywood e as súas cinzas foron esparexidas por baixo do Hollywood Sign.
Engadir un novo comentario