O Parque Nacional de Sagarmāthā é un parque nacional no Himalaia no leste de Nepal que está dominado polo Monte Everest. Abarca unha área de 1.148 km² no Distrito de Solukhumbu e vaí desde os 2.845 ata os 8.848 m., no cumio do Monte Everest. No norte, comparte a fronteira internacional coa Qomolangma National Nature Preserve do Tíbet. No leste linda co Parque Nacional de Makalu Barun e no sur esténdese cara ao río Dudh Kosi. Forma parte do Paisaxe Sagrado do Himalaia.

Sagarmāthā é unha palabra Nepali derivada de सगर् sagar que significa "ceo" e माथा māthā que significa "cabeza".

A área protexida identificouse como Área de Aves Importante pola BirdLife International.

Historia

O Parque Nacional de Sagarmatha creouse en 1976. En 1979, converteuse no primeiro parque nacional do país inscrito como Patrimonio da Humanidade. En xaneiro de 2002, engadiuse unha Zona de protección de 275 km².[1] Baixo as Pautas de Xestión de Zona de proteccion a conservación dos bosques, a vida salvaxe e os recursos culturais recibiron a máxima prioridade, seguido da conservación doutros recursos naturais e do desenvolvemento de enerxía renovable.[2]

O turismo cara á zona comezou a principios dos anos 60. En 2003 chegaron preto de 19.000 turistas. A partir de 2005, preto de 3.500 Sherpas vivían en aldeas e asentamentos estacionais situados nos principais camiños turísticos.[3]

O centro de visitantes do parque está situado na cima dun outeiro en Namche Bazaar, onde unha compañía do exército nepalés está estacionada para a protección do parque. A entrada sur do parque está a poucos centos de metros ao norte de Monzo a 2835 m, unha caminata dun día desde Lukla.[4]

Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome nbrb2007 Heinen, J. T.; Mehta, J. N. (2000). "Emerging Issues in Legal and Procedural Aspects of Buffer Zone Management with Case Studies from Nepal". Journal of Environment and Development 9 (1): 45–67.  Byers, A. (2005). Contemporary human impacts on Alpine ecosystems in the Sagarmatha (Mt. Everest) national park, Khumbu, Nepal. Annals of the Association of American Geographers 95 (1): 112–140. "World’s highest ER battles to save lives on Everest" (en inglés). Consultado o 2018-09-03. 
Photographies by:
Iciclesadventuretreks - CC BY-SA 4.0
Niklassletteland - CC BY-SA 3.0
Steve Hicks from Liverpool, UK - CC BY 2.0
Gozitano - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
163
Statistics: Rank
335486

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
256139874Click/tap this sequence: 5259
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Parque nacional de Sagarmatha ?

Booking.com
491.487 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 9 visits today.