A Ópera de Sydney ou Casa da Ópera de Sydney (en inglés: Sydney Opera House) é o pazo da ópera da cidade australiana de Sydney. É Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde o 28 de xuño de 2007. Deseñada por Jørn Utzon en 1957 é un dos edificios máis famosos e distintivos do século XX.
Está situada no cabo Bennelong, na beira sur da Baía de Jackson, co Real Xardín Botánico ao sur e preto da famosa Ponte do Porto, o que fixo do edificio e arredores un símbolo e presentación de Australia.
Nel represéntanse e realízanse principalmente obras e producións de teatro, balé, ópera e música; aínda que tamén acolle outros eventos como vodas, festas, conferencias e congresos. É a sede da Ópera Australia, da compañía teatral e da orquestra sinfónica da cidade. Actualmente, o edificio está administrado polo Trust da Casa da Ópera de Sydney, baixo supervisión do Ministerio de Cultura de Nova Gales do Sur.
A idea de construír a Ópera de Sydney comezouse a fraguar a finais da década dos 40 cando Eugène Goossens, director do conservatorio de música de Sydney propugnou a construción dun local adecuado para as grandes producións e representacións de música, danza e teatro, que por aquel entón tiñan lugar no edificio do concello de Sydney, un espazo considerado insuficiente.
En 1954, Goossens obtivo o apoio definitivo da man do Primeiro ministro de Nova Gales do Sur, Joseph Cahill, quen constituíu o comité para a súa construción. No comité, constituído por cinco persoas, Goossens conseguiu tamén impor a súa idea de que o lugar de construción fose Bennelong Point; a pesar da oposición de Cahill, que quería que estivese preto da estación de Wynyard, no noroeste do distrito do centro financeiro de Sydney, para facilitar o seu acceso[1].
O comité convocou un concurso público internacional que se iniciou o 13 de setembro de 1955 e que recibiu un total de 233 proxectos chegados de 32 países diferentes, en busca dun premio de 100.000 dólares para o gañador[1]. Os criterios mínimos especificados que debían conter os proxectos eran:
Unha gran sala con capacidade para 3.000 butacas Unha sala menor con capacidade para 1.200 butacas, e Os espazos asociados a elas para as grandes producións e representacións de música, danza e teatro[2].O deseño gañador foi anunciado en 1957, resultando vencedor o proxecto presentado polo equipo de Jørn Utzon, un arquitecto danés. Eero Saarinen, un arquitecto e deseñador americano de orixe finesa, membro do xurado elixido polo comité, foi unha persoa crucial para a selección do deseño de Utzon. Utzon chegaría ese mesmo ano para axudar a supervisar o proxecto e a construción do edificio[3].
Deseño e construciónOs terreos de Bennelong Point escollidos para a construción estaban ocupados polo Forte Macquarie, convertido desde 1902 en depósito de tranvías, polo que foi demolido no ano 1958, iniciándose a construción formal do palacio da ópera en 1959.
O proxecto construíuse en tres etapas. A Etapa I (1959-1963) durante a cal se construíu o podio, a Etapa II (1963-1967) na que se levantaron os seus característicos teitos, e a Etapa III dedicada ao deseño e a construción do interior (1967-73).
Primeira etapa: O podioA primeira fase das obras comezou o 5 de decembro de 1958, pola empresa construtora con base en Sydney Lend Lease Corporation.
O goberno, temendo que o financiamento conseguido ou a opinión pública trocasen de idea chegando a provocar incluso a cancelación, iniciou de maneira apresurada as obras cando aínda estaban por concretar no deseño importantes aspectos estruturais como os teitos. Este forzado comezo prematuro das obras deu lugar aos moitos e significativos problemas estruturais que foron aparecendo despois ao longo da construción. O maior deles foi a construción das columnas do podio que debían de sustentar os teitos dunha menor resistencia da necesaria para manter a estrutura proxectada, obrigando este erro a redefinir o deseño dos teitos do deseño orixinal[4].
Aínda que a estimación para acabar a construción do edificio era de catro anos, a 23 de xaneiro de 1961, máis de tres anos despois de comezar a primeira fase e a pesar do inicio apresurado, as obras xa acumulaban un importante atraso e o podio estaba aínda por rematar. Até entón só se empregaran 47 semanas de traballo debido principalmente a dificultades variadas como inclemencias meteorolóxicas, trocos no contrato e deseños inacabados, entre outros moitos.
O podio foi acabado finalmente o 31 de agosto de 1962.
Segunda etapa: Os teitosAínda que estrutura das cunchas que ían conformar as abóvedas dos teitos estaba inicialmente indefinida xeometricamente, case desde o principio do proceso de deseño do edificio proxectouse como parábolas apoiadas sobre costelas prefabricadas de formigón . Este idea tivo a oposición da firma inglesa Ove Arup e socios, que traballaba con Utzon no deseño da Casa da Ópera, pois os seus enxeñeiros non podían achar unha solución economicamente viábel para construílas, posto que terían que encontrar tamén unha forma de construír as abóvedas de maneira prefabricada xa que o uso de encofrado “in situ” tería carrexado un custo desmesurado[5].
Desde 1957 até 1963 estivo o equipo de deseño traballando neste problema e en completar a solución finalmente achada. A solución encontrouse a mediados do ano 1961 mais até entón o equipo de deseño chegou a barallar até 12 diferentes posibilidades na forma antes de dar cunha solución realizábel. Esta solución consistía en crear as cunchas como seccións dunha esfera. Unha curiosidade é que o deseño das cunchas supuxo unhas das primeiras aplicacións que se fixo dos ordenadores na análise estrutural para entender o complexo sistema de forzas que actuarían nas mesmas[6].
De quén saíu esta solución tan orixinal foi fonte de controversia. Orixinalmente foi atribuída a Utzon. Asín unha carta de Arup a Ashwoth, un membro do comité da Casa da Ópera de Sydney, di:
Segundo Peter Jones, autor da biografía de Ove Arup:
Jones conclúe que
Pola súa parte, Yuzo Mikami, un membro do equipo de deseño, presentou unha visión completamente oposta no seu libro sobre o proxecto titulado “Utzon’s Sphere”[7][8].
É pouco probábel que se chegue a saber a verdade algún día, mais hai un claro consenso sobre o feito de que o traballo realizado polo equipo de deseño é dunha grande calidade. De feito, para a primeira parte do proxecto, tanto Utzon como Arup, xogaron un papel significativo no desenvolvemento do proxecto[9].
Como Peter Murray estabeleceu na súa obra “The Saga Of The Sydney Opera House”
Sendo a forma esférica a empregada para o deseño de cada unha das cunchas da abóveda, abríase un grade abanico de posibilidades no deseño e convertíase na forma xeométrica máis sinxela de construír e fácil de controlar. Esta técnica evitou a necesidade de construír un custoso encofrado na obra, permitindo o uso de unidades prefabricadas na factoría, tanto das cunchas como das costelas. Isto tamén permitiu que os azulexos do teito fosen colocados en terra, en lugar de ter que facelo en altura. Con esta solución simplificouse a fabricación, a construción e o cálculo.
Os teitos foron construídas por Hornibrook Group Pty Ltd, que tamén eran responsábeis da construción dos interiores. Hornibrook fabricou 2400 costelas e 4000 paneis para construír os teitos na mesma factoría, e desenvolveu tamén todos os procesos de construción[4].
Ove Arup e os seus socios supervisaron persoalmente a construción e colocación das cunchas. Na súa colocación empregouse un innovador sistema de suxeición de aceiro, denominado arco de construción, para apoiar as diversas partes antes da terminación.
O 6 de abril de 1962 estimouse que a Casa da Ópera estaría finalizada entre os meses de agosto de 1964 e marzo de 1965. Porén, o tempo estimado foi superado novamente e para finais de 1965 calculouse axeitadamente que esta segunda etapa completaríase en 1967[10].
↑ 1,0 1,1 Sitio web de RTVE (accedido o 12/01/08) ↑ Ziegler, Oswald L. (ed) Sydney Builds an Opera House., páxina 25, Oswald Ziegler Publications, 1973 ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 10 de xaneiro de 2008. ↑ 4,0 4,1 4,2 Murray, P: The Saga of the Sydney Opera House, 2004, Spon Press (UK), ISBN 0-415-32521-8 ↑ Arup, Ove and Zunz, G.J.: Article in Structural Engineer Volume 47, Marzo 1969 ↑ 6,0 6,1 6,2 Jones, Peter: Ove Arup: Masterbuilder of the Twentieth Century. Yale University Press, 2006. ↑ Bentley, Paul (September 2001). "A Matter of Integrity – A Review of Yuzo Mikami's Utzon's Sphere". The Wolanski Foundation. Consultado o 2007-01-30. ↑ Mikami, Yuzo: Utzon's Sphere, Tokyo: Shoku Kusha. 2001. ↑ Hunt, Tony (October 2001). "Utzon's Sphere: Sydney Opera House - How It Was Designed and Built - Review". EMAP Architecture, Gale Group. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 2007-01-30. ↑ Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Architectural wonders
Engadir un novo comentario