Olite (en éuscaro: Erriberri e oficialmente: Olite/Erriberri) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra. É a cabeza do meiriñado do mesmo nome, pertencente ao partido xudicial de Tafalla. Cunha poboación de 3.607 habitantes en 2008 (INE).

Historia

Polos restos arqueolóxicos coñécese que en época imperial romana (s. I d.C.), un forte cinto amurallado defendía un pequeno altozano no que máis tarde se fundaría a vila medieval. Ademais ao redor do núcleo urbano actual atopáronse restos de vilas romanas.

Santo Isidoro de Sevilla na súa Historia de regibus gothorum ofrécenos a primeira referencia escrita sobre Olite: segundo o citado bispo de Sevilla, o rei godo Suintila fundou a cidade de Oligicus no 621 e volveuna a fortificar para facer fronte aos vascones. Por un privilexio dado en Estella no ano 1147, García IV Ramírez "O Restaurador", rei de Navarra, outorgou a Olite o seu primeiro foro, o Foro dos francos de Estella, dándolles pola mesma ocasión terras de cultivo. A promulgación do Foro produciu unha rápida expansión de Olite. Como instrumento xurídico, proporcionou á poboación un exercicio social propio (o termo municipal), xurisdición privativa e notables vantaxes fiscais, así como elementos e cadros propios de goberno da vila. O 17 de marzo de 1266, en Saint Denis, Teobaldo II concede a Olite quince días de feira anual, como as teñen os burgueses de Estella", empezando o 1 de maio. Desde ese mesmo ano celebráronse Cortes en Olite. En xaneiro de 1302, Felipe e Juana, reis de Navarra, atendendo as peticións de Olite, varían a data da feira anual, sinalando o seu comezo o 2 de novembro.

 
Santa María a Real de Olite

Tras séculos escuros, a vila de Olite comezou unha etapa de esplendor durante a Baixa Idade Media, ao ser elixida como unha das sedes favoritas dos reis de Navarra. A partir do s. XV o rei Carlos III "O Nobre" e a súa esposa Leonor de Trastámara comezaron a construción do espléndido Palacio Real de Navarra en Olite, reflexo do brillo de toda unha época.

É capital ou cabeza do meiriñado do seu nome, creada por Carlos III O Nobre en 1407. Filipe IV concédelle o título de cidade en 1630. Desde os seus brillantes momentos no s. XV e ata o s. XIX, Olite experimenta unha eclipse política e un forte descenso demográfico. A comezos do s. XIX son de destacar os graves problemas dos comunais e o interesante fenómeno do cooperativismo agrario (en Olite fundouse a primeira cooperativa de Navarra e terceira de España).

Photographies by:
César Viteri Ramirez from Madrid, Spain - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
3041
Statistics: Rank
107205

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
562738149Click/tap this sequence: 6823
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Olite ?

Booking.com

What can you do near Olite ?

9.002.353 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.689 visits today.