Öland é unha illa no Mar Báltico, ao largo da costa leste da Suecia, e pertence á mesma. Situada no Condado de Kalmar cunha área de 1342 km², é a segunda illa sueca por extensión, despois de Gotland. Poboación (2003): 24.628 habitantes. Está separada do continente polo estreito de Kalmar. Contén un sitio designado patrimonio mundial: a paisaxe agrícola do sur de Öland.
Existe evidencia arqueolóxica que indica que a illa habitouse no ano 8000 a.C., xa que as escavacións que datan do Paleolítico, confirman a presenza de recolectores.[1] A comenzos da Idade de Pedra, os colonizadores migraron a través da ponte de xeo que conectaba a illa a través do Estreito de Kalmar.
A evidencia da poboación de Öland (coñecida en latín Oelandia) sucedeu polo menos no 6000 a.C., cando había establecementos da Idade de Pedra en alby e outras localidades da illa. Existen panteóns da Idade de Ferro e a época dos viquingos visibles en Getllinge, Hulterstad, e noutros lugares no seu bordo do perímetro áchanse tamén barcos de pedra.
Hai dezanove fortes circulares da Idade de Ferro identificados na illa. Só un deles, Eketorp, foi completamente escavado e de aí recuperáronse máis de 24.000 artefactos.
Para o ano 900, Wulfstan de Hedeby chamou á illa «Eowland», a terra dos Eowan:
Con todo, esta non foi a primeira mención dos Eowans. Existe un nomeamento anterior da tribo no poema Widsith na literatura anglosaxoa:
Billing Wernum.
Oswine weold Eowum
Fin Folcwalding
Sigehere lengest
Hnæf Hocingum,
Oswin gobernaba aos Eowans
Finn Folcwalding
Sigar durante máis tempo
Hnæf aos Hocings,
Estudiosos como Schütte[3] e Kendrick[4] sinalan que houbo unha mención aínda máis temprana da xente de Öland no ano 98 por Tácito, quen os chamou "Aviones":
Na historia sueca, a illa serviu como parque real, especialmente Ottenby e Halltorps, que foron seleccionados pola coroa sueca na [Idade Media] como reservas reais de recreación.
↑ C. M. Hogan, The Stora Alvaret of Öland, Lumina Technologies, Arquivos da Biblioteca de Aberdeen, 9 de xullo de 2006 ↑ https://www.gutenberg.org/etext/4076 ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2005. Consultado o 05 de setembro de 2017. ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2005. Consultado o 2005-09-09.
Engadir un novo comentario