A Oktoberfest é unha festa da cervexa e unha feira de produtos e diversións celebrada orixinalmente en Múnic, Baviera, e diseminada por varios lugares do mundo. En Múnic, a Oktoberfest comeza a mediados de setembro e remata dúas semanas máis tarde, no primeiro domingo de outubro. De aí o seu nome, Oktoberfest (en alemán, "Oktober" significa outubro, e "Fest", festa ou festival). Ao respecto da participación galega na festa, dicir que a comunidade galega de Múnic participa cunha carroza alusiva a temas galegos.

Historia

A primeira Oktoberfest de Múnic, en 1810, nada tiña a ver coa multitude de turistas, enormes vasos de cervexa e o parque de atraccións da actual festa na capital da Baviera. Naquela época, foi instituída unha corrida de cabalos para conmemorar o casamento do príncipe herdeiro Luís, máis tarde rei Luís I da Baviera, coa princesa Teresa de Saxe-Hildburghausen.

A festa, para a cal estaban convidados todos os moradores de Múnic, tivo lugar nun parque afastado do centro, bautizado Theresienwiese, en homenaxe á noiva. Aínda hoxe é neste mesmo parque onde transcorren os meirdande eventos da Oktoberfest.

A fin e asemade o punto álxido da festa era a corrida de cabalos, coa presenza da familia real de Baviera. O enorme éxito fixo que fose marcada outra festa para outubro do ano seguinte, e así, devagar, comezou a tradición. Coa emigración dos alemáns, a festa mais popular da Alemaña espallouse polo planeta. Hoxe existen Oktoberfest en diversos países, como: Arxentina, Brasil, Estados Unidos, Hong Kong, Italia, Vietnam, entre outros.

Photographies by:
Heribert Pohl --- Thanks for half a million clicks! from Germering bei München, Bayern - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
4674
Statistics: Rank
72491

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
125679483Click/tap this sequence: 8194
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Oktoberfest ?

Booking.com
8.685.734 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 5.363 visits today.