Amsterdam

( Ámsterdam )

Ámsterdam ou Ámsterdan (en neerlandés: Amsterdam, [ˌɑmstərˈdɑm] (AFI) escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro hist...Ler máis

Ámsterdam ou Ámsterdan (en neerlandés: Amsterdam, [ˌɑmstərˈdɑm] (AFI) escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.

O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".

A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o Museo van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio vermello e os seus numerosos coffee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.

Historia
Artigo principal: Historia de Ámsterdam.
 
Ámsterdan en 1538.

Nos principios da súa existencia, Ámsterdan non era máis nada que un pobo de pescadores. Segundo as lendas, a cidade foi fundada por dous pescadores da provincia norteña de Frisia, que por casualidade acabaron nas beiras do río Amstel nunha barquiña xunto ao seu can.

A data tradicional da fundación da cidade é o 27 de outubro de 1275, data na que se lles retirou aos seus habitantes a obriga de pagar peaxes, que por entón estaban asociados coas pontes neerlandesas. No ano 1300 concedéronlle os dereitos oficiais de cidade. A partir do século XIV Ámsterdan comezou a florecer como centro comercial, maioritariamente a base do comercio con outras cidades neerlandesas e alemás, coñecidas como a Liga Hanseática.

No século XVI, comezou o conflito entre os neerlandeses e Filipe II de España. Esta confrontación causou unha guerra que durou 80 anos, e que finalmente lle deu aos Países Baixos a súa independencia. Xa por esa época, despois da ruptura con España, a república neerlandesa ía gañando fama pola súa tolerancia con respecto ás relixións. Entre outros, buscaban refuxio en Ámsterdan xudeus sefardís de Portugal e España, comerciantes de Antuerpen, e hugonotes de Francia, que nos seus países eran perseguidos pola súa relixión.

O século XVII considérase a súa Idade de Ouro. A principios dese século, Ámsterdan converteuse nunha das cidades máis ricas do mundo. Dende o seu porto, saían embarcacións cara ao mar Báltico, América do Norte, África e as terras que agora representan Indonesia e Brasil. Desta forma foi creada a base dunha rede comercial mundial. Os comerciantes de Ámsterdan posuían a maior parte da Compañía Holandesa das Indias Orientais ou VOC. Esta organización instalouse nos países que logo pasarían a ser colonias de Holanda. Nesa época Ámsterdan era o principal porto comercial de Europa e o centro financeiro máis grande do mundo. A Bolsa de Ámsterdan foi a primeira que funcionou a diario.

 
A praza Dam a finais do século XVII

A poboación da cidade medrou lixeiramente de 10.000 no ano 1500, a 30.000 ao redor do ano 1570. No ano 1700 este número xa acadara os 200.000. Durante os séculos XVIII e XIX e até antes da Primeira e Segunda Guerra Mundial, o número de habitantes incrementou a non menos dun 300%, acadando os 800.000 habitantes. A partir de entón, e até a actualidade, o número foi relativamente constante.

Tralas guerras entre a república de Holanda e o Reino Unido e Francia, durante o século XVIII e a principios do século XIX, a prosperidade da cidade deixou de florecer. Sobre todo as Guerras Napoleónicas arrebataron as fortunas de Ámsterdan. A pesar diso, cando se estableceu oficialmente o Reino dos Países Baixos no ano 1815, a situación comezou a mellorar. Neste período unha das persoas clave das novas iniciativas foi Samuel Sarphati, un médico e planificador urbano, que trouxo a súa inspiración dende París.

As últimas décadas do século XIX adóitanse denominar como a "segunda Idade de Ouro", porque entre outros, construíronse novos museos, unha estación de tren e o Concertgebouw, que é o teatro musical da cidade. No mesmo período chegou á cidade a Revolución Industrial. Construíronse novas canles e vías marítimas para así mellorar a conexión entre Ámsterdan e o resto de Europa.

 
O Keizersgracht de noite

Xusto antes de que empezase a Primeira Guerra Mundial a cidade comezouse a expandir, construíndo novos barrios residenciais nos arredores. Durante esta guerra, os Países Baixos tomaron unha posición neutral, mais aínda así a poboación sufriu moita fame e unha grave falta de subministración de gas.

Tempo despois o Terceiro Reich invadiu os Países Baixos o día 10 de maio de 1940, tomando o control da nacións despois de cinco días de loita. Os alemáns instalaron un goberno civil nazi en Ámsterdan, que se encargaba da persecución dos xudeus. Tamén os neerlandeses que axudaban e protexían ás vítimas foron perseguidos. Máis de 100.000 xudeus foron deportados a campos de concentración. Entre eles atopábase Anne Frank. Só 5.000 xudeus sobreviviron a guerra. Durante os últimos meses da guerra, en 1945, a comunicación co resto do país cortouse e a poboación sufriu unha grave escaseza de comida e enerxía. Moitos habitantes de Ámsterdan tiveron que ir ao campo en procura dalgún tipo de alimentación. Para sobrevivir, consumíronse cans, gatos ou os bulbos das flores. Moitas árbores de Ámsterdan usáronse para obter enerxía, igual que a madeira das casas dos que desapareceran.

Photographies by:
Statistics: Position
2100
Statistics: Rank
59218

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
136452789Click/tap this sequence: 7311

Google street view

Where can you sleep near Ámsterdam ?

Booking.com
487.365 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 50 visits today.