汉语拼音 ( Pinyin )

O pinyin (拼音, pīnyīn) ou hanyu pinyin (caracteres simplificados: 汉语拼音; pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada.

O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China. Substituíu a sistemas anteriores de romanización, tales como o Wade-Giles (1859), que se modificou en 1892, e o Pinyin do Sistema Postal, e tamén substituíu o Zhuyin como o método de instrución fonética chinesa na China Continental. O Hanyu Pinyin adoptouse en 1979 pola Organización Internacional de Estandarización (ISO) como a romanización estándar do chinés moderno (ISO-7098:1991). Foi tamén aceptado polo goberno de Singapur, pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, así como tamén por outros organismos internacionais. Tornouse igualmente útil para a dixitación de textos da lingua chinesa nos computadores.