Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en ...Ler máis

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Historia
 
Apóstolo Santiago (Codex Calixtinus, folio 4t).

Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago o Maior difundiu o cristianismo pola Península Ibérica[1][2] nos anos 36/37 ó 40. No ano 44 foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I (fillo de Herodes o Grande) e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra[3]. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno ao ano 814 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un milagre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei se converteu no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación[4]. O ano 997 esta igrexa primitiva foi reducida a cinzas por Almanzor, comandante do exército do califa de Córdoba. As portas e as campás da igrexa, portadas aos ombreiros por cativos cristiáns ata Córdoba, engadíronse á mesquita alxama[5]. Cando Córdoba foi tomada polo rei Fernando III de Castela en 1236, esas mesmas campás foron recuperadas e transportadas por prisioneiros musulmáns a Toledo, e incluíronse na catedral de Santa María de Toledo.

A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez.[6] Unha inscrición na capela do Salvador conmemora o momento: "A los treinta años del milésimo septuagésimo quinto despues de la Encarnación del Señor, en cuyo tiempo se fundó esta iglesia de Santiago". Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de san Sernín de Tolosa, probabelmente o maior edificio románico de Francia.

A construción detívose en distintas ocasións polo que se establecen tres etapas construtivas. A primeira remata en 1088, cando o bispo Diego Páez foi detido por traizón, o que supón a paralización das obras.

A segunda época comeza cando o conde de Galicia Raimundo de Borgoña nomea bispo a Xelmírez no ano 1100, e dura ata a morte deste en 1140. As obras da catedral reactívanse baixo a dirección do Mestre Estevo, o Mestre de Pratarías. As capelas absidiais conságranse en 1105 . Segundo o Códice Calixtino, a última pedra foi colocada en 1122 e a catedral foi consagrada en 1128, sendo os arquitectos «Bernaldino o Vello, un mestre marabilloso», o seu axudante Galperinus Robertus[7] e, máis tarde, posiblemente «Estevo, mestre de catedrais». Na última etapa «Bernaldino, o Mozo» (que posiblemente era fillo de Estevo) terminaba o edificio[8], mentres que Galperinus estivo a cargo da coordinación. Tamén construíu unha fonte monumental diante da portada setentrional (da Acibecharía) en 1122.

A terceira e última etapa de construción comeza en 1168 cando o capítulo encarga as obras ao Mestre Mateo. Mateo respecta o proxecto inicial e remata a construción dos últimos catro tramos da nave maior, mais a cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral é definitivamente consagrada en abril de 1211[9], na mañá do xoves da segunda semana de Pascua, polo arcebispo Pedro Muñiz, en presenza do rei Afonso IX e o seu fillo, ademais de numerosas autoridades eclesiásticas e civís[10][11].

A igrexa convértese en sé episcopal en 1075 e, en boa medida grazas ás xestións do bispo Diego Xelmírez e á súa crecente importancia como lugar de peregrinación, Calisto II consolídaa como sé arcebispal en 1120[12][13].

Ó longo dos séculos, a catedral foi obxecto de numerosas ampliacións e reformas, tanto no exterior como no interior.

Descubrimento do sepulcro
 
Afonso II, primeiro rei que peregrina a Santiago de Compostela e quen mandou construír a súa primeira basílica.

As orixes do culto a Santiago en Gallaecia pérdense nos anais dos tempos. A finais do século VII difúndese polo noroeste da Península Ibérica a lenda de que Santiago o Maior fora enterrado nesas terras, despois de evanxelizalas. Esta idea recóllea na península o tratado De Ortu et Obitu Patrum, de Isidoro de Sevilla e, en Inglaterra o bispo Aldhelmo de Malmesbury.[14][15][16] Tamén a recolleron san Xerome e Dídimo o Cego no século IV.

Segundo esta lenda, no ano 813 —outras fontes datan os feitos no primeiro cuarto do século IX—, oito séculos despois da morte do Apóstolo Santiago, un ermitán chamado Pelagius (ou Paio), xunto con outros fieis, veu unhas luces estrañas (fogos fatuos) nas proximidades dun lugar coñecido polo nome de Solovio, nun bosque chamado Libredón, e comunica este feito a Teodomiro, bispo de Iria Flavia.

Despois de tres días de xaxún, o bispo e os seus acompañantes foron ao lugar e descubriron entre as matogueiras un monumento feito de lousas de mármore, unha pequena casa abovedada en ruínas. Nunha cámara no interior había unha tumba marmórea e un altar, polo que non tiveron ningunha dúbida de que se trataba do sepulcro do Apóstolo e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro.

O bispo comunicou o achado ao rei de Asturias Alfonso II o Casto, que viaxou de inmediato coa súa corte ao lugar e outorgou as terras próximas ao sepulcro ao bispo, máis as súas correspondentes rendas, e mandou construír unha pequena igrexa sobre o cemiterio (compositum), supra corpus apostoli ("enriba do corpo do Apóstolo"), xunto a un baptisterio e outra igrexa dedicada ao Salvador[17][18].

Tempo despois, nun documento datado o 4 de setembro de 834, o rei dicía:

Pois nos nosos días revelóusenos o prezado tesouro do benaventurado Apóstolo, é dicir, o seu santísimo corpo. Ao coñecelo, con gran devoción e espírito de súplica, apresureime a ir adorar e venerar tan precioso tesouro, acompañado da miña corte, e rendémoslle culto en medio de lágrimas e oracións como Patrón e Señor de España, e pola nosa propia vontade, outorgámoslle o pequeno obsequio antes referido, e mandamos construír unha igrexa na súa honra.
Afonso II o Casto, 4 de setembro de 834.[19]

Esta pequena igrexa foi a orixe da catedral de Santiago de Compostela ("Santo Jacobus do compositum"). Outros sosteñen que a palabra Compostela provén de campus stellae, "campo das estrelas", debido ás luces que bailaban sobre o cemiterio.

De feito, nas escavacións realizadas no subsolo da catedral atopouse un mausoleo romano con pavimento de mosaico paleocristián (dos séculos III-IV) e unha lápida que se conserva no mosteiro de Antealtares, coa seguinte inscrición "Dedicado ós deuses manes. Atia Moeta, por disposición testamentaria, fixo colocar este epitafio ó soño eterno de Viria Moeta, a súa boísima neta, falecida ós 16 anos, e dotou o seu propio enterramento". López Ferreiro atopou no centro dos restos das basílicas anteriores á actual unha cripta cuadrangular delimitada por un muro de pedra. Este espazo estaba dividido en dúas partes, nunha había restos dun mosaico con decoración vexetal e alí estaría a tumba do Apóstolo; na outra, moi modificada por reformas posteriores, atopou dúas tumbas de ladrillo que serían as dos seus discípulos.

Igrexa primitiva
 
Afonso II de Oviedo (760-842), no Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.

Dada a importancia relixiosa e política do achado, o rei Afonso II mandou construír unha igrexa, pequena e sinxela. Derribou as columnas e construíu un muro preto da arca marmórea en forma de nave de planta rectangular, cunha pequena ábsida, e finalmente cubriu todo cun teitume de madeira[20]. A igrexa, que respectou a antiga cela do sepulcro, acollía este na cabeceira. Deste primeiro templo só se conserva o lintel da entrada e o arranque dos muros. Parece que tamén existía un baptisterio [21] exento, ó norte do templo.

No transcurso dunhas escavacións realizadas o ano 1878 baixo a ábsida da catedral dirixidas polo historiador López Ferreiro, sendo arcebispo de Compostela Miguel Payá y Rico, descubríronse os cimentos do sepulcro primitivo, denominado «Arca marmarica», con restos dun altar que constaba dunha laxe lisa sobre un fuste de pedra tamén liso. Presentaba unha planta duns oito metros por lado, con outro corpo central, máis pequeno e rectangular, construído con grandes perpiaños de pedra e os muros exteriores estaban realizados en cachotería. Tiña un pórtico con columnas e pavimento con laxes de granito; unha orla de mosaico romano rodeaba a tapa do sepulcro.

As escavacións realizadas baixo a nave maior da catedral evidenciaron tamén a presenza dunha necrópole cuxo uso se prolongou, como mínimo, desde a construción da igrexa por Afonso II ata a primeira metade do século XII, necrópole que ocupara o espazo dunha anterior (do século IV ó VII). Os enterramentos estendíanse pola fronte occidental da igrexa e ó seu arredor, con tumbas feitas con pedras e cuberta de laxes, outras escavadas na rocha do subsolo e outras cunha lápida monolítica, ás veces con inscricións; tamén hai sarcófagos monolíticos. Atopáronse tamén dous recintos funerarios adxacentes á basílica, nun dos cales apareceu a tumba de Teodomiro.

Igrexa prerrománica
 
Maqueta hipotética da Catedral (ano 899).

Durante o reinado de Afonso III, ante o número crecente de peregrinos e as pequenas dimensións da igrexa, decidiuse a construción doutra edificación, de estilo prerrománico e máis ampla e mellor construída que a anterior. Realizouse cunha planta de tres naves e ábsida cuadrangular, quedando integrada no seu presbiterio a anterior igrexa. Non se tocaron as sepulturas de Santiago e os seus discípulos.

Na cabeceira central colocouse un altar dedicado a san Salvador e nas absidiolas laterais á dereita situouse o altar de san Pedro e á esquerda o de san Xoán. Na fachada había un nartex porticado e no lado norte mantívose o edificio que correspondía co baptisterio. O teito era de madeira a dúas augas. Consérvanse restos da parte superior de tres ventás laterais, en arco de ferradura.

A consagración, con grande ostentación, tivo lugar en maio do ano 899 coa asistencia de «a familia real, 17 bispos, 14 nobres e outras personalidades». Nun libro de pergameo da catedral consérvase a escritura de doazón por parte do rei Afonso III de Asturias[22].

Ó redor da igrexa xorden outras edificacións, como o mosteiro de San Martiño Pinario e a súa igrexa de Santa María da Corticela, ó noroeste da basílica; ou o de San Paio de Antealtares. Tamén o primeiro pazo arcebispal, ó sur (cerca de onde se construirá o pórtico de Praterías).

No verán do 997 Santiago de Compostela foi atacada por Almanzor, o auténtico dominador do califato de Córdoba, despois de que, temendo as súas intencións, o bispo Pedro de Mezonzo evacuara a cidade. Almanzor e as súas hostes musulmás queimaron o templo prerrománico dedicado a Santiago, respectando o sepulcro. Iso permitiu a continuidade do Camiño de Santiago. Cara ao ano 1000 volveuse reconstruír polo bispo Pedro de Mezonzo[18][23].

Igrexa románica
 
Reconstrución da que podería ser a planta da catedral no século XII. Con posterioridade experimentaría múltiples modificacións.

O templo do século X tamén resultou insuficiente para atender as numerosas peregrinacións que acudían a Santiago de Compostela. Baixo o impulso do rei Alfonso VI o Bravo e do bispo Diego Páez iniciáronse as obras dunha gran catedral románica no ano 1075, a cargo dos mestres de obra Bernardo o Vello (quen concibe e deseña o proxecto) e o seu axudante Galperinus Robertus con medio centenar de canteiros, segundo o Códice Calixtino. O bispo Diego Páez foi destituído en 1088, parándose as obras por algún tempo[24].

Cinco anos máis tarde as obras estaban en marcha, impulsadas polo recentemente nomeado administrador da diocese, Diego Xelmírez, co apoio do novo bispo Dalmacio e de Raimundo de Borgoña. En 1101 o Mestre Estevo abandona a cidade de Compostela deixando completadas as capelas do deambulatorio e iniciadas as obras da fachada das Pratarías. Desde este momento continuáronse con regularidade os traballos, e durante as dúas primeiras décadas do século XII rematáronse os traballos dos brazos do cruceiro (en 1111), ata a colocación da última pedra, que segundo as indicacións do Códice Calixtino tivo lugar no ano 1122[25]. Diego Xelmírez, nomeado bispo no 1100 e primeiro arcebispo de Compostela en 1120, foi a figura máis importante na tarefa de impulsar a actividade construtora en Santiago. Aínda que houbo diversas paradas durante a súa construción, a gran cantidade de esmolas conseguidas fixo posible a súa volta ao culto e a súa consagración en 1128.

A terceira etapa construtiva comeza en torno ó ano 1140, cando xa estaban construídos e cubertos seis tramos das naves. O Mestre Mateo fíxose cargo da dirección das obras aínda que respectou a organización arquitectónica precedente e, en 1168, iniciou o Pórtico da Gloria. Aínda que continuaron as obras ata boa parte do século XIII, a catedral consagrouse definitivamente o ano 1211[25]. Nos motivos esculpidos nos capiteis da nave pódese confirmar esta evolución dos directores da obra: nos primeiros —a contar desde o cruceiro— aparecen parellas de animais fantásticos ou reais (aguias, leóns, pombas, sereas) e, ocasionalmente, figuras humanas; nos catro últimos tramos xa son claramente da man do taller de Mateo: follas lisas ou rizadas, ás veces con figuras humanas asomando entre elas; monstros, leóns, dragóns e lobos.

O deseño arquitectónico da catedral, cun ciborio central e dúas pequenas torres, foi imitado a seguir polas restantes basílicas da súa arquidiocese. Esta sorte de homenaxe ao templo de maior categoría aparece nas catedrais de Zamora, Salamanca, Toro, Plasencia e Évora.[26]

Peregrinación
Artigo principal: Camiño de Santiago.
 
A «Compostela», certificado acreditativo do remate do Camiño de Santiago.

Aproximadamente desde o 813, co achado das reliquias do Apóstolo e baixo a protección do rei Afonso II de Asturias, a noticia esténdese con rapidez por toda a Europa cristiá e os peregrinos empezan a chegar ao lugar, o denominado Campus Stellae (probablemente a orixe do termo Compostela), e que se converteu progresivamente nun centro de peregrinación coa fundación dun convento e diversas hospedaxes na propia cidade. O ano 850, Gotescalco, bispo francés de Le Puy-en-Velay peregrinou ata o sepulcro e está considerado como o primeiro peregrino estranxeiro documentado[18][27].

Relixiosos vinculados á Orde de Cluny elaboraron o Códice Calixtino (Codex Calixtinus) e a Historia Compostelá para o arcebispo Diego Xelmírez e os reis peninsulares favoreceron a constitución e proxección dunha rede de mosteiros cluniacenses no norte da península e especialmente nas proximidades do Camiño de Santiago, conseguindo así grandes edificacións de estilo románico. Concedeuse un privilexio, confirmado polo papa Alexandre III, consistente en que o ano en que o 25 de xullo, festa de Santiago o Maior, coincidise en domingo poderíanse gañar na igrexa de Compostela as mesmas grazas que se outorgaban en Roma os anos xubilares, que alí adoitan coincidir cada vinte e cinco anos. Trátase da bula de concesión máis antiga que se conserva, a Regis aeterni, datada en 1179. Nesta bula confírmase un privilexio outorgado polo papa Calisto II[28].

A chegada da Raíña Santa Isabel como peregrina á catedral compostelá en 1325. 
A chegada da Raíña Santa Isabel como peregrina á catedral compostelá en 1325.
A raíña deposita a súa coroa aos pés do arcebispo de Santiago de Compostela. 
A raíña deposita a súa coroa aos pés do arcebispo de Santiago de Compostela.

Durante o século XIV producíronse grandes convulsións sociais en Europa que desviaron aos peregrinos cara a outros destinos. Por outra banda, a Reconquista desprazou toda a atención económica e gobernamental dos reinos españois cara ao sur. O Cisma de Occidente en 1378 dana e divide a cristiandade. O século XV tampouco axudou á súa revitalización, pleno de desagradables acontecementos no vello continente: guerras, fame, peste e malas colleitas. A pesar de todo, moitos crentes continuaban acudindo ata a tumba do Apóstolo para cumprir a súa penitencia pero posteriormente o Camiño foi caendo no esquecemento, e logo da Idade Media e Moderna foi perdendo importancia. Desde o ano santo de 1993, o goberno autónomo galego decidiu potenciar o seu valor enfocándoo como un recurso turístico e dirixido a persoas co perfil do peregrino relixioso tradicional; deste xeito lanzouse unha gran campaña publicitaria para a Compostela dese ano: o «Xacobeo 93». Grazas a este plan de potenciación restauráronse tramos da ruta e as infraestruturas para os peregrinos e contouse coa colaboración das comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño. Este atópase indicado por frechas pintadas de amarelo, cunchas de vieira, cruces de Santiago e outros sinais. En 1993 foi considerado ben cultural Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO[29].

 
Diversos indicadores do Camiño de Santiago.

Os tramos son carreiros de gran percorrido que teñen xeralmente unha lonxitude de máis de cincuenta quilómetros e están pensados para camiñadas de máis de dúas xornadas. Os peregrinos que chegan á catedral teñen que mostrar a «credencial» do Camiño, que demostrará que percorreron e se aloxaron nos lugares que nela se mostran[30] A «Compostela» é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e que se entrega aos peregrinos cando acaban a súa peregrinación na catedral, e para obtela necesítase percorrer un mínimo de cen quilómetros a pé ou douscentos se se vai en bicicleta ou de a cabalo. Durante a Idade Media a «Compostelá» era un medio de indulxencia, que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, e se esta fora obtida nun ano santo compostelán, obtíñase a indulxencia plenaria[31].

Son numerosas as rutas de peregrinación compostelá que se foron creando ao longo dos séculos. En España iníciase nos portos de Somport (vía tolosana) ou de Roncesvalles (Navarra). Aínda que os camiños polos que chegan os fieis a Santiago son moi numerosos, un dos percorridos máis coñecido é o chamado camiño francés; trátase dun percorrido de gran riqueza cultural e artística ao que van sumándose outras rutas que os novos peregrinos van forxando cada ano, aproveitando os trazados históricos aos cales engaden novas rutas. Os peregrinos van en aumento ano tras ano[32].

A catedral ó longo dos séculos seguintes

Durante os séculos XVII e XVIII realizáronse profundas transformacións na catedral, introducindo diferentes elementos barrocos, tanto no interior como no exterior da basílica. As obras comezan a partir de 1643 cando Filipe IV outorga unha renda anual para sufragar as obras na cabeceira. En 1649 chega a Santiago José Vega y Verdugo, verdadeiro introdutor do barroco na catedral.

En 1657, o arquitecto madrileño Pedro de la Torre comeza a remodelación da capela maior.

No século XVIII, o arcebispo Malvar decidiu modificar a cabeceira da catedral, ampliándoa cara á Quintana, e encargou a Miguel Ferro Caaveiro os planos da obra. Este entregou en 1794 dous bosquexos, polo menos, seguindo "las ydeas del excelentisimo señor arzobispo", e os alzados que deseñou o arquitecto Melchor de Prado y Mariño. Os dous proxectos prevían a demolición do lenzo construído por José Peña de Toro na praza da Quintana para pechar a fachada leste, a propia Porta Santa e as capelas do Salvador e de Nosa Señora a Branca, para construír un corpo rectangular a continuación da ábsida no que localizar o coro situado na nave maior e abrir espazos para a sancristía e un panteón para os arcebispos. O segundo proxecto, máis amplo aínda, implicaba a demolición das capelas de San Pedro, de San Xoán, de San Bertomeu e do Espírito Santo, que se trasladarían á zona ampliada, así como a construción dun novo pórtico fronte á fachada de Praterías "con el fin de conservar los monumentos que hay en la antigua (que queda ilesa) a similitud de la principal o del Salvador".[33] A morte do arcebispo, en 1975, fanou definitivamente o proxecto de reforma.

Orlandis, J. (1990). "Algunas consideraciones en torno a los orígenes cristianos en España". En Universidad de Murcia. Cristianismo y aculturación en tiempos del imperio romano (en castelán). pp. 63–71.  Lligadas, J. (2005). El libro de los santos. Centro De Pastoral Liturgic (en castelán). ISBN 84-9805-041-3.  Franco Maside, R. e Pereira Menaut, G. (2005). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Muerte Y Ritual Funerario en la Historia de Galicia". SEMATA. Ciencias Sociais e Humanidades 17: 35–60. ISSN 1137-9669.  Garrido Torres 2000: p. 100 Garrido Torres 2000: p. 101 "El arte románico". Enciclopedia Temática de Galicia. Arte (en castelán) 5 (4ª ed.). Barcelona: Ediciones Nauta. 1990. p. 26. ISBN 84-278-1210-8.  "Os mestres canteiros que comezaron a construción da basílica de Santiago chamábanse don Bernardo o Vello, admirable mestre, e Roberto" (López Pereira, X. Eduardo: Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Xerais 1993, p. 139. Gómez Moreno 1947: p. 121 Na páxina web do 800 aniversario da catedral que se celebrou en 2011 estabelécese como data da consagración o 21 de abril de 1211, e existe bibliografía ([1][2][3]) que cita a mesma data, malia que a Pastoral do Arcebispado de Santiago de Compostela, a raíz do aniversario fala do día 3 Arquivado 13 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., e outros autores ([4][5][6]) tamén citan ese día como data da consagración. Bravo Lozano 1999: p. 235 Armesto, V. (1971). Galicia feudal (2ª ed. ed.). Editorial Galaxia. pp. 188 e 287.  Portela Silva, E. (2003). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). pp. p. 176. ISBN 84-9750-137-3.  González López, E. (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. pp. 219–220. ISBN 84-7154-303-6.  Santiago y los orígenes del cristianismo en España "Santiago en los textos literarios". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2009.  "Xacobe, fillo do Cebedeo ... predicou o Evanxeo ós pobos de Hispania e nos lugares occidentais, infundindo a luz da predicación no ocaso do mundo. Morreu ferido a espada polo tetrarca Herodes. Foi sepultado en Marmarica" (Santo Isidoro). "Como primicia do Evanxeo, Santiago converteu coa súa predicación os pobos hispanos" (Adhelmo de Malmesbury). Flórez, Enrique e Risco, Manuel (1756): España Sagrada: Theatro Geographico-Historico De La Iglesia De España: Tomo XIX. Antonio Marín, páxs. 64-65. ↑ 18,0 18,1 18,2 Villanueva, Jesús (2010). "Santiago de Compostela. La ciudad del Apóstol". Historia National Geographic (en castelán) (79): 64–78. ISSN 1696-7755D.  Bravo Lozano, Millán (1999): Camino de Santiago Inolvidable. León: Everest. ISBN 84-241-3905-4, páx. 5. Navascués 1997: p. 219 Parte dunha igrexa ou edificio adxacente onde está a pía bautismal (DRAG). Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Navascués 1997: p. 220 Vaqueiro 1998: p. 448 Navascués 1997: p. 221 ↑ 25,0 25,1 Navascués 1997: p. 222 Sadia, José María (2022-08-06). "El desconocido origen de los cimborrios románicos apunta a Compostela". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-08-11.  Bravo Lozano 1999: p. 6 Santana, José María. venacompostela.com, ed. "Que é un Ano Santo Compostelán?". Arquivado dende o orixinal o 15/07/2010. Consultado o 4/01/2011.  UNESCO (ed.). "Camino de Santiago de Compostela (1993)". World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 14/10/2010.  Esta «credencial» é un pequeno caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, que, polo xeral, é selada un par ás veces ao día. Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela (ed.). "La Compostela y La Credencial" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21/08/2011. Consultado o 15/10/2010.  Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela (ed.). "Peregrinos en los últimos años" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 15/10/2010.  Aínda hoxe poden verse na torre do Reloxo o arranque dos arcos deste pórtico.
Photographies by:
- Public domain
Statistics: Position
959
Statistics: Rank
116394

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
487625193Click/tap this sequence: 2337

Google street view

Where can you sleep near Catedral de Santiago de Compostela ?

Booking.com
489.898 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 63 visits today.