Caballo andaluz ( Cabalo andaluz )

O cabalo andaluz (oficialmente Pura Raza Española) é unha raza de cabalo española orixinaria de Andalucía. Trátase dun cabalo ibérico de tipo barroco que está entre as razas equinas máis antigas do mundo. En España, tamén se lle coñece comunmente como "cabalo español" e denomínaselle oficialmente "Pura Raza Española" (PRE), porque se considera que o andaluz é o cabalo español por antonomasia, malia que existen moitas outras razas equinas españolas. Porén, na maioría de países recibe o nome de "cabalo andaluz". O cabalo cartuxano é unha das liñas de cría máis importantes desta raza.

Ó longo da historia o cabalo andaluz tivo un papel fundamental na formación de razas equinas europeas e americanas, como o cabalo hispano-árabe, o hispano-bretón, o frisón, o lipizzan, o kladruber, o crioulo, o paso fino, o peruano de paso, o mustang, o Alter Real e o lusitano.

Destinos