Boi almiscreiro

O boi almiscreiro (Ovibos moschatus) é un mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos e que vive no Ártico. Caracterízase pola súa pelaxe mesta e polo forte cheiro a almiscre que emiten os machos durante época de apareamento, do que provén o seu nome. Este cheiro é empregado polos machos para atraer ás femias. Habita principalmente no norte do Canadá e Groenlandia, aínda que tamén foi introducido en Noruega, Suecia, Siberia e Alasca, onde se poden atopar pequenas poboacións.

Destinos