Človeška ribica ( Proteus anguinus )

Proteus anguinus (proteo) é unha especie de anfibio caudado troglobio (de covas) que só habita en certas covas de Eslovenia, Croacia e Bosnia e Hercegovina. Este estraño representante da fauna europea é o único membro do xénero Proteus e unha das especies de caudados que respira por medio de branquias. Esta especie ten unha grande semellanza cos anfibios americanos Typhylomolge rathbuni e Ambystoma mexicanum. Unha crenza antiga era que este anfibio era a cría do dragón.

Destinos