बंगाल बाघ ( Tigre de Bengala )

O tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) é a subespecie de tigre máis numerosa de Asia. A súa poboación estimouse en menos de 2 500 exemplares no ano 2011. Dende 2008, está clasificado como "en perigo" segundo a Lista Vermella da IUCN e está ameazado pola caza furtiva, destrución e fragmentación do seu hábitat. Ningunha das Zonas de Conservación do Tigre está considerada grande de abondo para manter unha poboación efectiva de máis de 250 exemplares adultos.

O tigre chegou ó subcontinente indio hai uns 12 000 anos. A poboación de tigre na India estimouse en 1 706–1 909 exemplares en 2010. En 2014, a poboación recuperouse levemente chegando a 2 226 exemplare. Estímase que hai uns 440 tigres en Bangladesh, 163–253 no Nepal e 103 en Bután.

O tigre de Bengala está entre os meirandes félidos vivos. Por iso está considerado como parte da megafauna carismática do mundo. É o animal nacional da India e de Bangladesh.