تيمقاد

( Timgad )

Timgad (tamén chamada Thamugas ou Thamugadi en lingua bérber) foi unha cidade romana. Atópase no norte de África, na actual Alxeria, e é unha das que mellor se conservaron. Foi fundada polos romanos a principios do século II d.C., no reinado de Traxano, emperador de orixe hispana. O nome completo da cidade era Colonia Marciana Ulpia Traiana Thamugadi na honra da súa nai Marcia, do seu pai Marco Ulpio Traxano e a súa irmá maior Ulpia Marciana.

Situado na actual Alxeria, aproximadamente o 35 km ao leste da cidade de Batna, as ruínas son notables porque representan un dos mellores exemplos existentes de Planta ortogonal utilizado na planificación das cidades romanas.

Esta cidade foi fundada como unha colonia militar, cun claro trazado ordenado en cuadrícula.

Historia

A cidade foi fundada ex nihilo (do nada) como unha colonia militar polo emperador Traxano ao redor do ano 100 dC. Foi pensada para servir principalmente como un bastión contra os bérberes nas veciñas montañas Aurés. Orixinalmente foi poboada en gran parte por Partos veteranos do exército romano aos que se lles concederon terras polos seus anos de servizo.

A cidade gozou dunha existencia pacífica durante os primeiros cen anos e converteuse nun centro de actividade cristiá a partir do século terceiro, e un centro de donatista no século cuarto.

No século quinto, a cidade foi saqueada polos vándalos antes de caer en declive. No ano 535 o xeneral bizantino Salomón atopou a cidade baleira cando chegou a ocupala. No século seguinte, a cidade foi repoboada brevemente como unha cidade principalmente cristiá antes de ser saqueada polos bérberes no século quinto. Durante o período cristián, Timgad foi un bispado que se fixo famoso a finais do século cuarto cando o bispo Optat converteuse no portavoz da herexía donatista. A cidade viu un renacemento da actividade logo da reconquista bizantina no século sexto, pero a invasión árabe provocou a destrución de Thamugadi, onde a ocupación cesou definitivamente a partir do século oitavo.[1]

Como non houbo novos asentamentos no lugar a partir do século sétimo, a cidade conservouse parcialmente baixo a area a unha profundidade de aproximadamente un metro. A invasión do Sahara sobre as ruínas foi a razón principal pola cal a cidade está tan ben conservada.

Despois do saqueo árabe no século oitavo a cidade desapareceu da historia ata a súa escavación en 1881.

é / lista / 194 UNESCO: Thamugadi
Photographies by:
Zones
Statistics: Position
2680
Statistics: Rank
44924

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
645239781Click/tap this sequence: 8274

Google street view

Where can you sleep near Timgad ?

Booking.com
487.409 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 35 visits today.