Juba (en inglés e oficialmente: Juba; en árabe: جوبا) é a capital da República do Sudán do Sur. Está situada na ribeira do Nilo Branco, e é tamén a capital do estado de Ecuatoria Central.

Historia
 
Hotel Juba en 1936.

No século XIX estableceuse un posto de comercio e unha misión chamada Gondokoro nas inmediacións de Juba. Era o posto de avanzada máis meridional da gornición turca, apoiada por un puñado de soldados, na súa maioría enfermos de malaria e da febre de augas negras que dominaban a rexión.

Gondokoro foi tamén a base do explorador e defensor Samuel Baker durante as súas expedicións ao que hoxe é o Sudán do Sur e o norte de Uganda, desde 1863 ata 1865 e desde 1871 ata 1873 respectivamente.

En 1922, un pequeno número de comerciantes gregos chegou á zona e estableceron Juba na beira occidental do Nilo Branco. Os gregos, que tiñan excelentes relacións coa tribo indíxena de Juba (os Bari), construíron o que hoxe é o Distrito de Negocios. Os edificios que hoxe albergan o Banco comercial de Buffalo, o Banco comercial do Nilo, o Hotel Paradise, a Casa do Cónsul de Noruega así como moitos outros, foron construídos orixinalmente polos gregos e foron as únicas estruturas permanentes que houbo ata principios da década de 1940.

Desde 1899 a 1956, Juba atopábase no Sudán Anglo-Exipcio que era administrado conxuntamente polo Reino Unido e Exipto. A esperanza británica de unir a parte sur do Sudán con Uganda desvaneceuse en 1947 debido a un acordo realizado en Juba, tamén coñecido como a Conferencia de Juba, para unificar o Norte e o Sur do Sudán. En 1955, unha rebelión de soldados do Sur da cidade Torit desencadeou a primeira guerra civil sudanesa, que non terminou ata 1972. Durante a segunda guerra civil sudanesa Juba era un lugar estratéxico que foi o centro de numerosos combates.

En 2005 Juba converteuse na sede provisional e a capital do goberno semiautónomo do Sudán do Sur, aínda que a capital proposta provisionalmente antes da firma do Acordo Xeral de Paz era Rumbek. Coa chegada da paz, as Nacións Unidas aumentaron a súa presenza en Juba, considerando que ata ese momento moitas operacións no Sudán do Sur foran xestionadas por Kenya. Baixo a dirección da Oficina Para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA), as Nacións Unidas estableceron un campamento coñecido como "campamento OCHA", que serviu de base para moitos organismos das Nacións Unidas e organizacións non gobernamentais.

Photographies by:
Jonathan Lundqvist - Public domain
Statistics: Position
3230
Statistics: Rank
35735

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
319457826Click/tap this sequence: 3919

Google street view

Where can you sleep near Juba ?

Booking.com
487.403 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 29 visits today.