स्टैच्यू ऑफ यूनिटी
( Estatua da Unidade )A Estatua da Unidade é unha estatua adicada ó estadista indio e fundador da república Sardar Vallabhbhai Patel (1875–1950), no distrito de Narmada en Gujarat, a India. É a estatua máis alta do mundo, cunha alzada de 182 metros ou unhas catro veces a medida da Estatua da Liberdade. Vallabhbhai Patel foi un dos máis salientables líderes do movemento de independencia da India, e o primeiro viceprimeiro ministro da India. A estatua atópase nunha insua fronte ó encoro de Narmada (tamén chamado encoro de Sardar Sarovar) preto de Rajpipla, a 100 quilómetros ó sueste da cidade de Vadodara.
O monumento e os seus arredores ocupan unha área de 2 hectáreas, e está arrodeado por un lago artificial de 12 km2. Foi construído por Larsen & Toubro, que conseguiu o contrato por valor de ₹29,89 billóns (US$420 millóns) para o seu deseño, construción e mantemento en outubro de 2014. A construción comezou o 31 de outubro de 2014 e rematou a mediados de outubro de 2018. Foi deseñado polo...Ler máis
A Estatua da Unidade é unha estatua adicada ó estadista indio e fundador da república Sardar Vallabhbhai Patel (1875–1950), no distrito de Narmada en Gujarat, a India. É a estatua máis alta do mundo, cunha alzada de 182 metros ou unhas catro veces a medida da Estatua da Liberdade. Vallabhbhai Patel foi un dos máis salientables líderes do movemento de independencia da India, e o primeiro viceprimeiro ministro da India. A estatua atópase nunha insua fronte ó encoro de Narmada (tamén chamado encoro de Sardar Sarovar) preto de Rajpipla, a 100 quilómetros ó sueste da cidade de Vadodara.
O monumento e os seus arredores ocupan unha área de 2 hectáreas, e está arrodeado por un lago artificial de 12 km2. Foi construído por Larsen & Toubro, que conseguiu o contrato por valor de ₹29,89 billóns (US$420 millóns) para o seu deseño, construción e mantemento en outubro de 2014. A construción comezou o 31 de outubro de 2014 e rematou a mediados de outubro de 2018. Foi deseñado polo escultor indio Ram V. Sutar, e foi inaugurado polo Primeiro Ministro indio Narendra Modi o 31 de outubro de 2018, co gallo do 143 aniversario do nacemento de Patel.
Engadir un novo comentario