東京タワー

( Torre de Toquio )

A Torre de Toquio ou Tokyo Tower (en xaponés: 東京タワー, Tōkyō Tawā) é unha torre que se atopa en Minato-ku (Toquio, Xapón). O seu deseño está baseado no da Torre Eiffel de París. Está pintada en branco e vermello de acordo a regulacións de aviación. A súa construción rematou o 14 de outubro de 1958 (ano 33 da era Shōwa) e abriuse ao público o 7 de decembro do mesmo ano.

A torre mide 332,6 metros de altura, 8,6 máis ca a Torre Eiffel, aínda que non é tan coñecida como a torre francesa. A Torre de Toquio pesa unhas 4.000 toneladas, a diferenza das 10.100 toneladas métricas da Torre Eiffel. A súa función principal é como antena de transmisión de sinais analóxicas, e dende 2003 transmite en dixital para a área de Kanto. É unha das principais atraccións turísticas de Toquio.

Orixinalmente ideárase para a transmisión de televisión, aínda que en 1961 instaláronse antenas de radio, de xeito que a torre se utiliza actualmente para ambos os dous tipos de...Ler máis

A Torre de Toquio ou Tokyo Tower (en xaponés: 東京タワー, Tōkyō Tawā) é unha torre que se atopa en Minato-ku (Toquio, Xapón). O seu deseño está baseado no da Torre Eiffel de París. Está pintada en branco e vermello de acordo a regulacións de aviación. A súa construción rematou o 14 de outubro de 1958 (ano 33 da era Shōwa) e abriuse ao público o 7 de decembro do mesmo ano.

A torre mide 332,6 metros de altura, 8,6 máis ca a Torre Eiffel, aínda que non é tan coñecida como a torre francesa. A Torre de Toquio pesa unhas 4.000 toneladas, a diferenza das 10.100 toneladas métricas da Torre Eiffel. A súa función principal é como antena de transmisión de sinais analóxicas, e dende 2003 transmite en dixital para a área de Kanto. É unha das principais atraccións turísticas de Toquio.

Orixinalmente ideárase para a transmisión de televisión, aínda que en 1961 instaláronse antenas de radio, de xeito que a torre se utiliza actualmente para ambos os dous tipos de sinais e coma soporte para canles como NHK, TBS e Fuji TV. Porén, o cambio de televisión analóxica a dixital para todas as transmisións de televisión planificado para xullo de 2011 presentouse problemático. A altura da Torre de Toquio non era de abondo para aturar completamente a emisión do sinal terrestre dixital a toda a zona. Por ese motivo, foi ideada outra torre para ese fin, a chamada Skytree, que foi inaugurada en 2012, converténdose na maior estrutura do Xapón, superando a Torre de Toquio.

Photographies by:
Morio - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
882
Statistics: Rank
124562

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
723168945Click/tap this sequence: 9312

Google street view

Where can you sleep near Torre de Toquio ?

Booking.com
489.979 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 28 visits today.