Εθνικό Αρχαιολογικό Μουσείο (Αθήνα)

( Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas )

O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (en grego: Εθνικό Αρχαιολογικό Μουσείο) aloxa moitos dos obxectos arqueolóxicos máis importantes atopados en Grecia dende a prehistoria ata a antigüidade tardía. Considérase un dos grandes museos do mundo, contén a mellor colección de obxectos da antiga Grecia que se pode atopar no mundo. Sitúase no centro de Atenas, no barrio de Eksarhia, a entrada está localizada na Avenida Patission, adxacente ao edificio, tamén histórico, que aloxa a Universidade Politécnica Nacional de Atenas.

Está organizado en cinco temas máis ou menos cronolóxicos: a colección prehistórica (do século VI aC ao século XI aC), a colección de esculturas (século -VII ao século -V), a colección de cerámicas (século XI aC á Grecia romana), a colección de bronces, máis as coleccións exipcia e do Oriente Próximo.

O museo tamén alberga unha extensa colección de fotografías, unha biblioteca de investigación,...Ler máis

O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (en grego: Εθνικό Αρχαιολογικό Μουσείο) aloxa moitos dos obxectos arqueolóxicos máis importantes atopados en Grecia dende a prehistoria ata a antigüidade tardía. Considérase un dos grandes museos do mundo, contén a mellor colección de obxectos da antiga Grecia que se pode atopar no mundo. Sitúase no centro de Atenas, no barrio de Eksarhia, a entrada está localizada na Avenida Patission, adxacente ao edificio, tamén histórico, que aloxa a Universidade Politécnica Nacional de Atenas.

Está organizado en cinco temas máis ou menos cronolóxicos: a colección prehistórica (do século VI aC ao século XI aC), a colección de esculturas (século -VII ao século -V), a colección de cerámicas (século XI aC á Grecia romana), a colección de bronces, máis as coleccións exipcia e do Oriente Próximo.

O museo tamén alberga unha extensa colección de fotografías, unha biblioteca de investigación, laboratorios de conservación dos obxectos en metal, terracota, pedra e materia orgánica, un laboratorio fotográfico e máis un laboratorio químico. O museo acolle tamén exposicións temporais. Dispón dunha sala de actos, dunha gran tenda e máis dunha cafetería instalada nun atrio.

Historia
 
O edificio do "Hephaisteion", que aloxou o museo durante un tempo.

No 1827, durante a guerra da independencia grega, a asemblea nacional de Trozen votou o artigo constitucional que prohibía toda exportación de antigüidades. No 1829, a cuarta asemblea nacional reforzou esta prohibición e o novo κυβερνήτης (gobernador), Ionnis Kapodistrias, tomou disposicións legais para levala a cabo. O 21 de outubro de 1829 tamén decidiu fundar o primeiro museo nacional arqueolóxico de Grecia, o cal foi instalado no edificio dun orfanato en Exina. O seu primeiro director principal foi o erudito de Corfú Andreas Moustoxydis. No 1830 publicouse un primeiro catálogo, realizado por L. Kambanis. O museo seguiu o desprazamento da capital e instalouse sucesivamente en Nauplia, despois dende o 1834 en Atenas no "Hephasteion", a Torre dos Ventos ou a Biblioteca de Adriano.

A primeira das leis gregas relativas á arqueoloxía, votada en 1834, prevía a construción dun edificio específico para acoller o "Museo público central de antigüidades", como se decidiu chamalo naquel momento. Así mesmo, isto tardou bastante, xa que se foron rexeitando os proxectos un tras outro. O aumento das coleccións, en gran parte a causa dos traballos das escolas arqueolóxicas estranxeiras que se encontraban traballando en Grecia, fixo tornar máis urxente a construción, que comezou finalmente no 1866.[1][2][3]

Historia do Ministerio grego de cultura. Kaltsas 2007, p. 15-16 Barber 1987, p. 162-163
Photographies by:
Statistics: Position
432
Statistics: Rank
193990

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
649523781Click/tap this sequence: 5376

Google street view

Where can you sleep near Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas ?

Booking.com
487.414 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 40 visits today.