Unalaska é unha pequena localidade (53°53'20"N, 166°31'38"W.GR1) na illa de Unalaska e a illa veciña de Amaknak en Illas Aleutianas (Alasca). A cidade ten unha superficie total do 549,9 km². O número de habitantes censados en 2005 era de 4.347. Case todas as instalacións portuarias están na illa de Amaknak, máis coñecido como Dutch Harbor ou simplemente Dutch como é chamado polos pescadores de caranguexos do mar de Bering. O porto está conectado con Unalaska por unha ponte. O nome de "Unalaska" é probablemente unha derivación do nome ruso "Ounalashka".

Historia

As illas de Unalaska e de Amaknak tiñan 24 establecementos con máis de 1.000 habitantes aleutianos en 1759. En 1768, Unalaska converteuse nun porto de comercio ruso para a industria do mar.

En 1825, a igrexa ortodoxa rusa construíu en Unalaska unha igrexa. O sacerdote, Ivan Veniaminov, compuxo o primeiro sistema de escritura do aleutiano con axuda local, e traduciu escrituras sagradas a esa lingua. Durante este tempo, (entre 1830 e 1840), soamente 200 a 400 aleutianos vivían en Unalaska.

O 3 de xuño de 1942, durante a Segunda Guerra Mundial, Unalaska foi atacada polos xaponeses. A maioría dos nativos residentes na illa foron enviados ao sueste de Alaska mentres durou a guerra.

Photographies by:
Wanetta Ayers - Public domain
Statistics: Position
3488
Statistics: Rank
32672

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
876139524Click/tap this sequence: 5853

Google street view

Where can you sleep near Unalaska ?

Booking.com
489.369 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 7 visits today.