Ao morrer Vincent van Gogh, á idade de 37 anos, deixou o extenso legado de aproximadamente 900 pinturas e uns 1.100 debuxos. Destes lograra vender moi poucos e regalando algúns ás súas amizades. Tódolos seus bens foron finalmente herdados polo seu irmán menor, o comerciante de arte Theo van Gogh. Que ademais das obras do seu irmán Vincent, coleccionou obras doutros importantes artistas como Paul Gauguin, Henri de Toulouse-Lautrec, Léon Lhermitte e Jean-François Millet. Lamentablemente Theo morreu un ano despois de Vincent, polo que a herdanza foi administrada pola súa viúva, Johanna van Gogh.
A muller, tras marcharse do país, volveu aos Países Baixos, onde organizou as primeiras exhibicións coas obras de Van Gogh, contribuíndo moito á difusión e o coñecemento público do artista. En 1905 tivo lugar a primeira gran exposición, no Stedelijk Museum en Ámsterdan, xa que o gran Rijksmuseum se negou a aceptar ás obras de Vincent en préstamo. Debido a que o pintor fixera varias versións de mesmos temas, Johanna van Gogh puido vender algunhas das pinturas da colección, sen dar a impresión xeral de reducila, ademais promoveu a publicación das cartas do seu marido en varios idiomas.
Despois da morte de Johanna, o seu fillo, o enxeñeiro Vincent Willem van Gogh (1890-1978), herdou a colección, poñendo a colección a disposición de varios museos en calidade de préstamo, ata que en 1960 creou a Fundación Vincent Van Gogh, á que encomendou a colección. As pinturas exhibíronse en exposición permanente no Stedelijk Museum, até que en 1973 o Museo van Gogh abriu as súas portas.
Engadir un novo comentario