Micalet

O Micalet, ou Miquelet, é o nome que recibe popularmente o campanario de 58’80 metros da Catedral de Valencia, e é un dos principais símbolos da cidade de Valencia. O seu nome é un diminutivo do da campá principal, Miquel, que coa fonética local derivou a Micalet, nome co que verdadeiramente é coñecida a torre. Durante moitos séculos foi chamado Campanar Nou (Campanario Novo) ou Campanar de la Catedral, para diferencialo do Campanar Vell (Campanario Vello), unha torre de planta cadrada e de factura románica, situada na rúa da Barcella.

Historia

Unha placa colocada na base da torre fálanos da súas orixes:

"Aquest campanar fonch comensat en l'any de la Nativitat de Nostre Senyor Déu Jesuchrist MCCCLXXXI, reynant en Aragó lo molt alt senyor rey en Pere. Estant de bisbe en València lo molt alt en Jaume, fill del alt infant en Pere e cosin germà del dit rey".

Iniciou a obra o mestre picapedreiro Andreu Julià, até que en 1396 un tremor interrompeu as obras, aínda no primeiro corpo da torre. En 1402 dirixiu a obra Josep Franch, mestre de obras da Catedral, e en 1414 encárgase Pere Balaguer, construtor tamén das Torres de Serrans na mesma cidade. En 1425 dáse por rematada a construción faltando o remate final, que nunca chegaría a construírse, unha agulla proxecto de Antoni Dalmau. No seu lugar faríase unha estrutura de madeira que suxeitaba a campá das horas, substituída entre 1660 e 1736 por unha espadana de pedra que é a que permanece hoxe. Tiña unha elegante crista calada que lle servía de coroa, que foi arrasada no século XVIII, sendo substituída primeiro por unha varanda de madeira e no século XIX por unha varanda metálica até a restauración de 1983, realizada sen respecto as testemuñas arqueolóxicas conservadas até aquel momento na mesma terraza e que agora están expostas na Casa del Campaner.

 
Torre-campanario do Micalet.
 
Detalle do Micalet.
Photographies by:
Statistics: Position
3580
Statistics: Rank
95974

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
985376421Click/tap this sequence: 6113
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near Micalet ?

Booking.com
9.003.378 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 717 visits today.