Московский метрополитен

( Metro de Moscova )

O metro de Moscova, en ruso: Московский метрополитен, tamén coñecido como o palacio subterráneo, foi inaugurado en 1935, e é actualmente o primeiro do mundo por densidade de pasaxeiros, transporta arredor de 3.341.500.000 persoas ao ano e cerca de 9,2 millóns de individuos ao día. Posúe 200 estacións e unha lonxitude de tendido subterráneo de 333.4 quilómetros (quinto no mundo despois de Nova York, Londres, Madrid e Toquio) con 12 liñas.

Na liña nº 5, con forma de anel, que se cruza con todas as outras en dúas estacións, a megafonía indica aos usuarios o sentido en que viaxa o tren, utilizando voces masculinas cando avanzan no sentido das agullas do reloxo, e voces femininas cando se dirixe en sentido contrario. Así, nas liñas radiais, empréganse voces masculinas cando os trens se acercan ao centro da cidade, e voces femininas cando se afastan.

Historia
 
Antiga ficha de 1955 do metro de Moscova, válida para unha viaxe.

A primeira liña foi aberta o 15 de maio de 1935 entre Sokol'niki e Park Kul'tury, cun ramal cara Smolenskaya que foi ampliado até Kievskaya en abril de 1937 (cruzando o río Moscova sobre unha ponte). Dúas liñas máis foron logo abertas antes da segunda guerra mundial. En marzo de 1938 a liña de Arbatskaya foi ampliada até a estación de Kurskaya (hoxe Arbatsko-Pokrovskaya). En setembro de 1938 abriuse a liña Gorkovsko-Zamoskvoretskaya, entre Sokol e Teatral'naya.

Os proxectos da terceira etapa do Metro de Moscova foron atrasados durante a segunda guerra mundial. Dúas seccións do metro foron postas en servizo: Teatralnaya - Avtozavodskaya (3 estacións, cruzando o río Moscova nun túnel profundo) e Kurskaya - Izmaylovskiy Park (4 estacións).

Despois da guerra iniciouse a construción da cuarta etapa do metro, que incluía a liña Kol'tsevaya e a parte profunda da liña Arbatsko-Pokrovskaya desde Pl. Revolyutsii até Kievskaya.

As razóns da construción da sección profunda da estación Arbatskaya radica no inicio da guerra fría. Son profundas e están ideadas para esconder xente no caso dunha guerra nuclear. Despois da finalización da liña en 1953.

Photographies by:
Florstein (Telegram:WikiPhoto.Space) - CC BY-SA 4.0
Florstein (Telegram:WikiPhoto.Space) - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
938
Statistics: Rank
118436

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
129368547Click/tap this sequence: 8873

Google street view

Where can you sleep near Metro de Moscova ?

Booking.com
489.335 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 162 visits today.