招き猫 ( Maneki Neko )

O Maneki-neko (招き猫, no Xapón) ou o Zhaocai Mao (招財貓, na China), tamén coñecido como "gato da sorte" ou "gato da fortuna", é unha escultura xaponesa moi popular, da que se di que trae boa sorte ao seu dono. A escultura representa a un gato saudando cunha pata alzada.

Pode ser vista frecuentemente en tendas, restaurantes e outros negocios. Adoita ser un gato que ergue a súa pata esquerda convidando á xente a entrar nos negocios, e que ten na pata dereita unha moeda antiga xaponesa chamada Koban ((小判)); ten xeralmente un colar cun cascabel que se pensa fai bulir aos malos espíritos. É elaborada decotío en porcelana ou cerámica, e tamén actualmente en plástico. Nas versións orixinais de porcelana, a pata adoitaba estar sempre erguida, aínda que nas novas versións de plástico, a pata adoita moverse de arriba a abaixo. Tamén a altura á que ergue a pata pode variar dunha escultura a outra. Dise que canto máis alta erga a pata, a chamada do gato atraerá aos clientes dende máis distancia.

Maneki (招き) procede do verbo maneku (招く), que en xaponés significa "convidar a pasar" ou "saudar". Neko (猫) significa "gato". Xuntos literalmente significan "gato que convida a entrar". Segundo a tradición xaponesa, a mensaxe que transmite o gato co movemento da súa pata é: "Entra, por favor. Es benvido".

Hoxe en día, existen milleiros de versións do Maneki Neko, dende gatos altos, gordos, de diversas cores, ata vaxilas ou figuras de Hello Kitty.

Destinos