As Lofoten son un arquipélago formado por unhas 80 illas que abranguen un espazo duns 175 km de norte a sur, dentro do círculo ártico situadas preto da costa noroeste de Noruega, da que as separa o estreito de Vestfjord. O arquipélago componse de illas rochosas separadas entre elas por estreitos en xeral de pouca amplitude. A altura máxima sobre o nivel do mar e de 1.161 metros. A súa superficie total é de 1,227 km², e a poboación de 24.500 persoas, ocupadas principalmente nos sectores pesqueiro e gandeiro.

Historia

Os primeiros vestixios de presenza humana remóntanse a hai 6000 anos cando as illas estaban ocupadas por poboacións que vivían da caza de mamíferos terrestres e focas e a pesca de peixes e baleas. Hai uns 4 000 anos, comezaron os cultivos de cereais. A illa de Vestvågøy tivo importancia na civilización viquinga. A partir do século XII as illas adquiriron importancia grazas ó comercio do bacallau seco, que era exportado a toda Europa. Nesa época as illas dependían da cidade norueguesa de Berguen. Membro da Liga Hanseática. A pesca recibiu un novo pulo a partir de 1860, por causa dos inmensos bancos de arenques que viñan pasa-lo inverno nas augas cálidas da corrente do Golfo. As capturas das Lofoten chegarán a representar o 80% do total das exportacións de Noruega.

Photographies by:
Charles Louis Gratia - Public domain
Statistics: Position
878
Statistics: Rank
123541

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
293178465Click/tap this sequence: 5936

Google street view

Where can you sleep near Lofoten ?

Booking.com
487.370 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 3 visits today.