Linguas apacheanas

As linguas apacheanas (tamén coñecidas como atapascanas meridionais) son unha subfamilia das linguas atapascanas faladas no suroeste dos Estados Unidos de América (nos estados de Arizona, Novo México, Colorado, Utah, Sonora) e en dous redutos de Oklahoma e Texas. Estas linguas son faladas por varias pobos apache e navajo.

Os autónimos dos apaches occidentais e dos navajo son Nnee biyáti’ (ou Ndee biyáti’) e Diné bizaad (ou Naabeehó bizaad), respectivamente.

Entre os personaxes históricos que tiñan como primeira lingua unha lingua apacheana atópanse o famoso líder Gerónimo (Goyaałé), que falaba chiricahua, e Manuelito que falaba navajo.

Destinos