Lingua wolof

O wolof é unha lingua da familia das linguas níxer-congo. É o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wolof.

No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wolof como lingua materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia, aproximadamente un 15% da poboación (unhas 200.000 persoas) tena como lingua materna, pero na capital, Banjul, un 50% emprégaa como primeira lingua. En Mauritania, aproximadamente un 7% (185.000 persoas) da poboación fala wolof, sobre todo nas zonas costeiras do leste.

Destinos