Lingua persa

O persa ou parsi (فارسی, fārsī) é unha lingua indoirania da familia das linguas indoeuropeas, fálase principalmente en Irán, Afganistán (oficialmente coñecida como dari) e Taxiquistán (coñecida como taxico). Goza de status de lingua oficial en Irán, en Afganistán so o nome de dari segundo garante a nova Constitución de Afganistán, e no Taxiquistán como taxico.

A súa orixe está na fala das tribos asentadas no suroeste da planicie iraniana que deron orixe ao imperio aqueménida, coñecido como persa antigo converteuse na lingua das clases gobernantes do imperio pero non substituíu ao arameo como lingua franca, consérvanse só unhas poucas inscricións desta época, pero o feito de ser utilizado por outros pobos contribuíu á súa simplificación e a intrudución de léxico foráneo, a partir do século III a.C é o época do persa medio, falado no período sasánida ata o século IX , e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas persa moderno, dari e o taxico. Na India o persa foi desde o século XVI a lingua da corte, da elite e da administración do Imperio mogol pese a estar rexido por unha dinastía de orixe turcófona.

É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán. En canto ao persa falado en Irán é coñecido como iraniano ou fārsī (sempre persa, en galego), a variedade do persa medio falada en Afganistán é denominado dari. Actualmente, o persa e o dari son escritos nunha variante do alfabeto árabe. E a variedade do persa medio falada Taxiquistán, é o taxico, e é escrito en alfabeto cirílico.

A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do árabe, con gramática e fonoloxía completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "suxeito-obxecto-verbo". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua semítica.

Destinos