Lingua paxta
O paxto, noutras fontes tamén chamado pashtu ou pashto, é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en numero de falantes do grupo de linguas iranias orientais.
É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas. Fálase ademais no occidente de Paquistán.
Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).