Lingua nepalesa

O nepalés ou nepalí é o idioma oficial do Nepal, aínda que é falado tamén nalgunhas zonas do norte da India e Bután. Esta lingua pertence á rama indo-iraniana da familia indoeuropea. Así como moitos dos idiomas do sur de Europa (como o galego, o italiano, o castelán, o francés, o portugués etc...) desenvolvéronse a partir do idioma latino e este do indoeuropeo, do mesmo xeito moitos dos idiomas do norte da India (entre eles o nepalés) desenvolvéronse a partir do sánscrito, e orixinalmente tamén provén do indoeuropeo.

O vocabulario provén na súa maior parte do sánscrito, aínda que ten algunhas palabras prestadas do árabe e do persa (que lle chegaron a través do hindi e do urdú). Recentemente aumentáronse os préstamos do inglés.

O nepalés escríbese no alfabeto devanágari, por exemplo: गअलइसप que significa 'Galiza'.

A tipoloxía é suxeito-obxecto-verbo.

Destinos