Zimanê kurdî ( Lingua kurda )

A lingua kurda (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Kurdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía. É empregado por entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O kurdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionadas co kurdo son o baluchi, o gilaki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo sudoccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co kurdo.

Hai tres dialectos importantes da lingua kurda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O kurdo setentrional é falado polos kurdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O sorani ou kurdo central é falado no Kurdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.

Destinos