Lingua koryak
A lingua koryak é unha lingua da familia chukotko-kamchatkana falada polo pobo koryak que habita no norte da península de Kamchatka, en Rusia. Segundo o censo de 2010, conta cuns 1 700 falantes, que representan o 21% da poboación étnica. O seu parente máis achegado é a lingua chukchi, que xunto co kerek, o alutor e o itelmen forman a familia lingüística. O nome propio da lingua é нымылан Nymylan, pero o nome ruso é máis común.