اللغة المصرية ( Lingua exipcia )

A lingua exipcia é a máis antiga lingua de Exipto, pertencente á familia lingüística afroasiática. A frase completa máis antiga que se coñece da lingua exipcia data do ano -2690, o que a converte nunha das linguas escritas máis antigas que se coñecen, xunto co sumerio. O exipcio falouse até o século XVII na súa evolución copta. A lingua nacional do Exipto moderno é o árabe exipcio, que substituíu gradualmente ó copto como a lingua de uso habitual nos séculos posteriores á conquista musulmá de Exipto.

O copto é aínda empregado na actualidade como lingua litúrxica da Igrexa Ortodoxa Copta. Ten uns poucos centos de falantes fluídos.

Destinos