Lingua amhárica

O amhárico (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.

Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.

É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.

Escríbese usando un alfasilabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.

Destinos