Legoklods ( LEGO )
LEGO é a denominación que se dá a unha serie de xoguetes que teñen como elemento principal uns bloques de plástico interconectábeis. A compañía Lego System A/S, a súa fabricante, ten base en Billund, Dinamarca. Foi fundada no ano 1916 polo carpinteiro Ole Kirk Christiansen e dende 1934 pasou a chamarse LEGO, coa contracción das palabras dinamarquesas "LEg GOdt" (xogue ben).