片仮名 ( Katakana )

O katakana (片仮名; カタカナ) é un dos dous silabarios empregados na escrita xaponesa xunto co hiragana. Tamén se acostuma empregar katakana para se referir a calquera dos caracteres do devandito silabario. Dos dous silabarios é o máis antigo. Provén da simplificación de caracteres máis complexos de orixe chinesa que chegaron antes do comezo do illamento cultural xaponés, que se mantivo inflexíbel ata a fin da Era Edo.

Estes caracteres, ao contrario que os kanji, non teñen ningún valor conceptual, senón unicamente fonético. Graficamente, amosan unha forma angulosa e xeométrica.

O silabario katakana consta de 46 caracteres que representan sílabas formadas por unha consoante e unha vogal, ou ben unha única vogal. A única consoante que pode ir soa é o 'n'.

Usos do katakana:

  • O katakana emprégase para escribir palabras tomadas doutras linguas (principalmente do inglés en tempos recentes) así como en onomatopeas.
  • Tamén se utiliza o katakana para resaltar unha palabra concreta, sendo nese sentido equivalente ás nosas comiñas ou á escrita itálica.
  • Finalmente escríbense en katakana os nomes de animais en textos científicos, mentres que noutros textos eses mesmos nomes se escriben en kanji ou hiragana.

Realmente os dous silabarios son equivalentes, aínda que cada un ten distintos usos. No alfabeto latino hai algo parecido coas maiúsculas e minúsculas, no sentido de que as grafías e os usos son distintos.

Destinos