제주도

( Illa Jeju )

Jeju Island (Modelo:IPA-ko Jejudo; anteriormente Cheju-do) é a illa máis grande da costa da península de Corea, e a illa principal da provincia de Jeju das provincias de Corea do Sur. A illa atópase no Estreito de Corea, ao sur da provincia de Jeolla do Sur. A illa contén o sitio Patrimonio da Humanidade Illa volcánica e tubos de lava de Jeju. Jejudo ten un clima moderado. Ata no inverno, a temperatura de cando en cando cae por baixo de 0 °C.

Historia Nomes históricos

Historicamente, a illa foi chamada con moitos nomes diferentes incluíndo:

Doi (Modelo:Hangul, hanja: Modelo:Linktext, literalmente "Illa barbara") Dongyeongju (Modelo:Hangul; hanja: 東瀛州) Juho (Modelo:Hangul, hanja: Modelo:Linktext) Tammora (탐모라, 耽牟羅) Seomra (섭라, 涉羅) Tangna (탁라, 乇羅) Tamna (탐라, 耽羅) Quelpart,[1][2] Quelparte[3] or Quelpaert Island[4] Joonwonhado (준원하도, 준원下島 significa parte sur da península) Taekseungnido (Modelo:Hangul, significa pacífica illa quente en n Joseon) Samdado (Modelo:Hangul, significa "Illa das tres abundancias")[5]

Antes da anexión xaponesa en 1910, a illa coñecíase xeralmente como Quelpart polos europeos. O nome aparentemente proviña do primeiro buque europeo que viu á illa, o holandés Quelpaert, que o viu logo de saírse do seu rumbo no camiño desde a base comercial holandesa en Nagasaki, Xapón, a Taiwán (entón a colonia holandesa de Formosa).

"De acordo cos rexistros coreanos, unha frota de setenta embarcacións de Wokou atacaron a illa de Quelpart e as partes adxacentes da península coreana en 1555".[6]

Cando Corea foi anexada polo Xapón en 1910, Jeju entón coñecíase como Saishū, que é a pronunciación xaponesa de hanja para Jeju.

Antes de 2000, cando o goberno de Seúl estableceu a Romanización revisada do coreano oficial, Jejudo foi deletreado Cheju-do. Case todas as referencias escritas á illa antes que usaran esa ortografía.

Levantamento de Jeju

Desde o 3 de abril de 1948 ata maio de 1949, o goberno de Corea do Sur levou a cabo unha campaña anticomunista para suprimir unha sublevación na illa de Jeju.[7][8] A causa principal da rebelión foi a elección prevista para o 10 de maio de 1948, deseñada pola Comisión Temporal de Nacións Unidas sobre Corea (UNTCOK) para crear un novo goberno para toda Corea. As eleccións só se planearon para o sur do país, a metade da península baixo o control da UNTCOK. Temendo que as eleccións reforzarían aínda máis a división, os guerrilleiros do Partido Laborista de Corea do Sur (SKLP) reaccionaron violentamente, atacando á policía local xa grupos de mozos de dereita estacionados na illa de Jeju.[8][9]

As atrocidades foron cometidas por ambas partes, pero as das forzas gobernamentais de Corea do Sur son as máis documentadas.[8][9][10] Nunha ocasión, soldados estadounidenses descubriron os corpos de 97 persoas que foran asasinadas polas forzas gobernamentais. Noutra, soldados estadounidenses atoparon a policías que executaran a 76 aldeanos.

Entre 14.000 e 30.000 persoas morreron como resultado da rebelión, ou ata o 10% da poboación total da illa.[8][10] Cerca doutros 40.000 fuxiron ao Xapón para escapar dos combates.[9][11] Nas décadas posteriores ao levantamento, a memoria do acontecemento foi suprimida pola goberno mediante estritos castigos. Con todo, en 2006, o goberno coreano desculpouse polo seu papel nos asasinatos e prometeu reparacións. en 2010, estes non foran pagados.[12]

En 2008, os cadáveres das vítimas dunha masacre foron descubertos nunha fosa común cerca do aeroporto internacional de Jeju.[13]

"The Island of Quelpart". JSTOR 198722.  "Quelpart Island and Its People". JSTOR 208503.  "The Queen of Quelparte".  "The Name of Quelpaert Island".  "Jeju Island Facts".  Sansom, George (1961). A History of Japan, 1334–1615. Stanford University Press. p. 269. ISBN 0804705259.  Hugh Deane (1999). The Korean War, 1945-1953. China Books&Periodicals, Inc. pp. 54–58.  ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Merrill, John (1980). "Cheju-do Rebellion". The Journal of Korean Studies: 139–197.  ↑ 9,0 9,1 9,2 Deane, Hugh (1999). The Korean War 1945-1953. San Francisco: China Books and Periodicals Inc. pp. 54–58. ISBN 0-8351-2644-7.  ↑ 10,0 10,1 Kim, Hun Joon (2014). The Massacre at Mt. Halla: Sixty Years of Truth Seeking in South Korea. Cornell University Press. pp. 13–41. ISBN 9780801452390.  Hideko takayama in tokyo (19 de xuño de 2000). "Ghosts Of Cheju". newsweek. Consultado o 2009-03-30.  O, John Kie-Chiang (1999). "Korean Politics: The Quest for Democratization and Economic Development". Cornell University Press.  Song Jung Hee, Islanders still mourn april 3 massacre, Jeju Weekly, 3 de marzo de 2010
Photographies by:
Douglas Knisely from USA - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
1098
Statistics: Rank
106184

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
924381657Click/tap this sequence: 5857

Google street view

Where can you sleep near Illa Jeju ?

Booking.com
489.194 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 20 visits today.