芸妓 ( Gueixa )

As gueixas (芸者, geisha), geiko (芸子/芸妓) ou geigi (芸妓) son artistas femininas xaponesas tradicionais que actúan como anfitrioas. As súas habilidades inclúen varias artes como a música clásica, a danza, os xogos, e a conversa, tradicionalmente para entreter clientes masculinos, mais tamén clientes femininas no presente. Contrariamente á opinión popular, as gueixas non son un equivalente oriental das prostitutas, senón que a condición de gueixa é cultural, simbólica e chea de status, delicadeza e tradición. Ó longo dos séculos, ese contexto foi desenvolvido polo perfeccionamento da técnica desas artes e pola estrutura ríxida necesaria para se converter nunha gueixa.

Destinos