Cooper's Hill Cheese-Rolling and Wake

( Festival do queixo a rolos )

O festival do queixo a rolos (en inglés Cooper's Hill Chesse-Rolling and Wake) é un concurso anual que se desenvolve no outeiro Cooper, en Brockworth, unha viliña do oeste de Inglaterra preto de Cheltenham e de Gloucester. O concurso consiste en botar un queixo a rolos por unha forte pendente e tentar collelo despois. Como isto raramente sucede, considérase gañador a quen primeiro baixa o monte, correndo ou a rolos.

Historia
 
O mestre de cerimonias Rob Seex

Existen moi diversas lendas que colocan o concurso do queixo a rolos nos albores da historia, pero ningunha delas está probada. Sir James George Frazer relacionouna con poboamentos fenicios e Michael James con ritos pagáns do século VII, e incluso hai quen a relaciona co despenamento de doncelas de época romana. Porén, non existe ningunha referencia escrita e probada ata 1836, e a partir de 1884 xa é unha cita anual nos xornais locais[1].

Ao longo dos anos incorporáronse e suprimíronse diversos costumes á práctica xeral da carreira a tras do queixo, como a creación do mestre de cerimonias, carreiras de fachos, sorteos de leitóns, ou mesmo o uso de queixos de madeira durante o racionamento da Segunda Guerra Mundial. Está probada a existencia de seis mestres de cerimonias: Thomas Organ (primeira metade do século XIX), William Brookes (1884-1934), Tom Windo (1935-1955), Edward Millard (1958-1973), Arthur Bick (1973-1989), e Rob Seex (1990-actualidade).

Jefferies, Jean. Cheese Rolling in Gloucestershire. Tempus Publishing, Stroud, 2007, páxinas 15-48.
Photographies by:
Dave Farrance - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
2306
Statistics: Rank
121499

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
265987314Click/tap this sequence: 8341
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Festival do queixo a rolos ?

Booking.com

What can you do near Festival do queixo a rolos ?

8.742.399 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 1.057 visits today.